A recuperación dos textos en galego de inicios do século XIX non é unha tarefa nova. Diversos traballos dados ao prelo en distintas épocas (moitos dos cales editan ou reeditan escritos daquel período) achegáronse á cuestión da escrita en galego do século XIX previa ao Rexurdimento. A principal contribución do presente estudo é a edición nun volume conxunto de todos os textos achados ata o momento e tamén a vontade de analizar aquel fenómeno desde o punto de vista histórico, xornalístico, lingüístico e literario. O estudo dos textos permitirá aos investigadores tirar conclusións non só sobre a traxectoria dos seus autores senón tamén sobre a súa época, a sociedade galega coetánea, os debates ideolóxicos que se acenderon, a diversidade interna da lingua galega (non só dialectal, senón tamén social e estilística) ou as modalidades da comunicación pública na aurora da Galicia contemporánea.
| Título | Papés d’emprenta condenada (v. I) A escrita galega entre 1797 e 1846 |
| Edición |
Ramón Mariño Paz |
| Coordinación |
Rosa Aneiros |
| Limiar |
Xosé López García Henrique Monteagudo |
| Notas |
Xosé Ramón Barreiro Fernández |
| Textos |
Rosa Aneiros Xosé Ramón Barreiro Fernández Ramón Mariño Paz |
| Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2008 |
| Edición | 1ª edición |
| Descrición física | 354 p. : il. ; 23 cm |
| Notas | Obra completa en 3 v. : Volume II. Lingua galega e comunicación nos inicios da Idade Contemporánea / Ramón Mariño Paz, editor. -- (Ensaio & investigación) Volume III. Novos textos, reflexións finais / Ramón Mariño Paz e Damián Suárez Vázquez, editores. -- (Ensaio & investigación) |
| ISBN | 978-84-96530-70-6 |
| Depósito Legal | C 2956-2008 |
| CCG. Signatura | CCG 2008 350 |
| Url externa | Catálogo RBG |
| Colección | Base |
| Materias | |
| Áreas | |
| Código QR |
|



![Portada de [Libro creado]](http://www.consellodacultura.gal/mediateca/extras/.jpg)








