
Foro Pensar o mundo dende Galicia
Dende 1983 ata hoxe o Consello da Cultura Galega leva corenta anos promovendo o debate, a pescuda e a creación arredor de diversos eidos do saber, mais tamén sobre cuestións que atinxen aos problemas e inquedanzas da sociedade galega no pasado, no presente e no futuro. Froito diso foi un amplo elenco de congresos, debates, xornadas, publicacións e informes. Recollendo o legado do feito na súa historia, mais con proxección cara ao futuro, o Consello da Cultura Galega propón un foro de reflexión arredor de cuestións candentes no mundo actual, estruturado en oito xornadas con periodicidade mensual (de marzo a novembro de 2023) nas que se abordarán temáticas moi presentes nas actividades da institución, como a posverdade na información, a economía da cultura, os desafíos para o humanismo das novas tecnoloxías, a calidade da democracia, os retos presentes e futuros do feminismo, o papel do galego nunha sociedade multicultural, a sustentabilidade da economía global e o papel do patrimonio e da paisaxe. Máis de corenta personalidades do mundo cultural, científico e académico galego, ibérico e mundial daranse cita en Santiago de Compostela para reflexionar, debater e profundar na interpretación dos desafíos desta terceira década do século XXI, con vontade interdisciplinaria e dialogante. Dende Galicia, recollendo a tradición iniciada hai máis dun século pola Xeración Nós e polo Seminario de Estudos Galegos, aspiramos a repensar o mundo e a sermos unha célula de universalidade.Os límites planetarios: Unha ollada socioeconómica dende Galicia
Os límites planetarios21 de setembro de 2023
Santiago de Compostela
Gabinete de comunicación
10/11/2023
Profesionais inciden no valor da cultura máis alá dos fluxos económicos
Gabinete de comunicación
08/11/2023
Remata o foro Pensar o mundo dende Galicia cunha reflexión sobre economía e cultura
Gabinete de Comunicación
19/10/2023
Especialistas instan a repensar o modelo de xestión do territorio no foro Pensar o mundo dende Galicia
Gabinete de Comunicación
18/10/2023
O foro
Gabinete de Comunicación
O foro Pensar o mundo dende Galicia propón este xoves unha reflexión sobre o patrimonio
Gabinete de Comunicación
20/09/2023
As crises alimentarias e o cambio climático centran a nova sesión do foro Pensar o mundo dende Galicia
Gabinete de Comunicación
05/09/2023
Regresa o foro Pensar o mundo dende Galicia cunha xornada sobre as crises alimentarias
Gabinete de Comunicación
03/06/2023
O foro Pensar o mundo dende Galicia chega ao seu ecuador cunha xornada sobre os desafíos do galego
Gabinete de Comunicación
11/05/2023
Especialistas alertan dun retroceso da democracia nalgúns países europeos
Gabinete de Comunicación
04/05/2023
O foro Pensar o mundo dende Galicia regresa en maio cunha análise da calidade da democracia
Gabinete de Comunicación
13/04/2023
Especialistas destacan a necesidade de poñer a tecnoloxía ao servizo das persoas
Gabinete de Comunicación
12/04/2023
Unha xornada analiza os retos éticos, sociais e culturais da intelixencia artificial
Gabinete de Comunicación
09/03/2023
Profesionais alertan da diminución do interese da poboación polas noticias
Gabinete de Comunicación
23/02/2023