Para comezar
Quen é quen
Comisión de Toponimia
Consello das Linguas Oficiais da Administración Xeral do Estado
Departamento de Filoloxía Galega da Universidade de Santiago de Compostela
Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo
Departamento de Letras. Sección de Galego-Portugués. Universidade da Coruña
Nova Escola Galega
Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia
Consello da Cultura Galega
Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia
Real Academia Galega
Instituto da Lingua Galega
Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades
A Mesa pola Normalización Lingüística
Asociación Socio-Pedagóxica Galega
Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega
Associaçom Galega da Língua
Coordinadora de Traballadores e Traballadoras de Normalización da Lingua
Escola Galega de Administración Pública
Órgano creado dentro da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia ao que lle corresponde por lei a fixación da toponimia oficial de Galicia.
Órgano colexiado de análise, impulso e coordinación técnica entre os diferentes ministerios en relación co uso das linguas oficiais.
Departamento universitario da Facultade de Filoloxía ao que se adscriben as licenciaturas de Filoloxía Galega, Filoloxía Románica e Filoloxía Portuguesa.
Departamento universitario da Facultade de Filoloxía e Tradución ao que está adscrita a licenciatura de Filoloxía Galega.
Departamento universitario da Facultade de Filoloxía ao que se adscribe a licenciatura de Filoloxía Galega.
Asociación constituída por educadores e colaboradores partidarios dun ensino galego, público e democrático, que traballa coa finalidade de impulsar o traballo de renovación pedagóxica e a galeguización lingüística e curricular do sistema educativo galego.
Organismo adscrito á Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia, que ten como obxectivo a promoción e ensino da lingua galega.
Organismo estatutario con personalidade xurídica propia ao que lle compete a defensa e promoción dos valores culturais e lingüísticos do pobo galego. Desenvolve estes obxectivos a través do asesoramento, formación e investigación en todas as áreas que caracterizan o noso patrimonio cultural.
Entidade que se dedica á compilación, clasificación e difusión de documentación especializada en sociolingüística galega e doutras linguas minorizadas.
Institución científica que ten como obxectivo o estudo da cultura galega e en especial a ilustración, defensa e promoción do idioma galego.
Centro de investigación, pertencente á Universidade de Santiago de Compostela, especializado no estudo científico da lingua galega. Tamén desenvolve actividades docentes e formativas; asesoramento técnico a institucións e a persoas relacionadas coa normalización lingüística e promoción e defensa do galego.
Centro que se dedica á promoción e apoio á investigación nas áreas de literatura, lingua galega, tradución, documentación bibliográfica, ciencias sociais...
Plataforma independente que ten como obxectivo a reivindicación e promoción do uso da lingua galega en todos os ámbitos sociais. Organiza campañas de sensibilización e reivindicación, asesoramento e colaboración con outras entidades que perseguen os mesmos fins.
Organización que realiza xornadas, cursos, grupos de traballo e conferencias sobre as diferentes materias do ensino non universitario, así como publicación de materiais didácticos en lingua galega.
Asociación que traballa a prol da dignificación do status dos escritores en lingua galega, velando polos seus intereses e creando foros de debate que fomenten a interconexión e intercambio de ideas entre os autores.
Asociación que reivindica a normalización do galego-portugués e a súa reintegración no ámbito lingüístico galego-luso-brasileiro.
Asociación profesional que traballa a prol da defensa dos intereses xerais dos/das traballadores/as de normalización lingüística.
Centro oficial de docencia e de investigación ao servizo da Xunta de Galicia e doutras administracións de Galicia. Entre os seus obxectivos destaca a difusión e a normalización do idioma galego na Administración pública, a capacitación lingüística do persoal e a participación na fixación da linguaxe técnica, administrativa e xurídica galega.