• slidebg1
    DÍA DA CIENCIA
    O 1 de xuño é o Día da Ciencia en Galicia.Unha celebración que promove a Real Academia Galega de Ciencias
    e que este ano recoñece a figura irrepetible de Ángeles Alvariño.Neste web poderás coñecer as súas descubertas,
    os seus retos así como uns breves apuntamentos
    sobre a historia da oceanografía
  • slidebg2
    ÁNXELES ALVARIÑO
    Coñécea
  • slidebg3
    HISTORIA DA OCEANOGRAFÍA
    Coñécea

Día da ciencia en Galicia

O 1 de xuño é o Día da Ciencia en Galicia, unha celebración que dá a coñecer a vida e obra daqueles persoeiros ilustres que destacaron pola súa contribución ao desenvolvemento da ciencia no noso país.

IMAGENAME

Ánxeles Alvariño, unha oceanógrafa irrepetible

Ánxeles Alvariño (1916- 2005) é unha científica galega precursora na investigación oceanográfica. Na súa ampla e dilatada traxectoria profesional ten varios méritos, entre eles ser a primeira científica a bordo dun barco británico de investigación. Chegou a descubrir vinte e dúas especies de organismos mariños e dúas delas levan o seu nome. Podes afondar máis nesta biografía.

MÁIS SOBRE ELA

Unha oceanografía en Galicia

Do navegante Pedro Sarmiento de Gamboa á científica Ángeles Alvariño e, polo medio, a creación do Instituto de Investigacións Pesqueiras ou as sedes da Coruña e Vigo do Instituto Español de Oceanografía, a relación de Galicia co mar foi de sempre moi estreita. Aquí poderás achegarte á historia da Oceanografía no noso país.

Elaboración de textos e selección do material a cargo de Xosé A. Fraga Vázquez

LER