• slidebg1
    FILGUEIRA VALVERDE
    Coñece a faciana máis persoal do polígrafo pontevedrés
  • slidebg2
    O PRESIDENTE
    Escoita algunha das súas propostas culturais na súa propia voz
  • slidebg3
    O POLÍGRAFO
    Descubre os aspectos máis destacados da biografía de Filgueira Valverde

FILGUEIRA VALVERDE

Día das Letras Galegas 2015

- Por Xesús Ferro Ruibal -

Xosé Filgueira Valverde (28.10.1906 - 13.9.1996) foi esencialmente traballo, ciencia e humanismo práctico. Foi dos que puxeron en práctica a idea de Cuevillas de que calquer traballo, grande ou pequeno, duro ou levián, que emprendades en nome de Galicia, é sempre sementeira. Soubo atravesar unha ditadura, axeitándose o imprescindible ó sistema, pero sen ceder nunca do seu obxectivo de aumenta-la nosa ciencia e conciencia de Galicia, porque a ciencia e a conciencia de si é a columna vertebral de calquera pobo.

Pero Filgueira foi tamén home de acción, artellando o Seminario de Estudos Galegos, o Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento, a Editorial de los Bibliófilos Gallegos; foi alcalde para facer medrar Pontevedra salvando a súa zona histórica; foi procurador en Cortes para impulsa-la mellora estrutural das cousas e conseguir nas Cortes Españolas, en pleno 1970, a presenza legal do galego no ensino. Se a isto sumámo-la obra inmensa no Museo de Pontevedra e o pulo que lle deu ó Consello da Cultura Galega, faise realidade a profecía de Bóveda de que alí onde esteña Filgueira haberá sempre un obreiro da Causa galega.

Na súa propia letra

Xosé Filgueira Valverde (Pontevedra, 1906-1996) mantivo unha extensa correspondencia con Castelao, Otero Pedrayo, Vicente Risco e a maior parte da intelectualidade galega do século XX. As máis de 500 carpetas con cartas que repousan no Museo de Pontevedra son unha mostra desa fecunda relación e que o Consello da Cultura está a dixitalizar, grazas a un acordo asinado coa Fundación Filgueira Valverde. Ademais, no marco dese traballo de de dixitalización tamén hai papeis e notas persoais que documentan a súa relación con diferentes institucións culturais galegas, como son o Seminario de Estudos Galegos, o Instituto Padre Sarmiento e o Consello da Cultura Galega así como material relacionado co Estatuto de Galicia e o seu labor no Partido Galeguista en Pontevedra.

PROXIMAMENTE

na sÚa voz

Peneiramos no Arquivo Sonoro de Galicia para poder facer unha escolma de audios para que descubras ao polígrafo pontevedrés na súa propia voz.

A dimensión musical

Como cada ano, o Consello da Cultura Galega organiza o seu tradicional Concerto das Letras Galegas, que busca unir textos e música co obxectivo de subliñar a dimensión conmemorativa, reivindicativa e festiva da xornada, aínda que cada ano explora formatos diferentes pero sempre ao redor da figura homenaxeada no Día das Letras.

Ver

eN IMAXES

O labor desenvolvido por Filgueira Valverde abrangueu moitos e moi diferentes ámbitos. Nestas galerías poderás descubrir unha faceta máis personal, menos coñecida del, así como a algúns dos actos nos que participou sendo presidente do Consello da Cultura Galega.

Os seus libros

No marco da colección conmemorativa do Día das Letras Galegas, creada polo propio Filgueira Valverde sendo presidente da institución, o Consello da Cultura Galega reeditará a súa obra Os nenos. Trátase do seu primeiro traballo narrativo que está conformado por unha serie de textos breves nos que cada protagonista evoca incidentes da súa nenez

Descarga "os nenos"

Novas

O Consello da Cultura Galega desenvolverá ao longo de 2015 unha serie de iniciativas encamiñadas a darlle unha maior difusión da súa figura. Neste apartado atoparás toda a información xenerada pola institución que Filgueira Valverde presidiu.

O Consello da Cultura Galega reedita Os nenos, obra literaria de Filgueira Valverde que dá as claves do seu contexto

“Aínda non cumprira os vinte anos cando Filgueira Valverde escribiu Os nenos, un libro de creación literaria que dá as claves do que pensaba a xeración do Seminario de Estudos Galegos”, explicou Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega (CCG), na presentación desenvolvida esta mañá. Canda el estaba Fernando Filgueira, presidente da fundación que leva o nome do polígrafo pontevedrés; Ana Isabel Vázquez, deputada provincial de Cultura; Maximino Zumalave, vocal do CCG; Carlos Valle, director do Museo de Pontevedra, e David Pintor, autor das ilustracións que acompañan a edición facsimilar deste texto, enriquecido con dous estudos críticos. A publicación insírese nas actividades previstas polo CCG para conmemorar a celebración do Día das Letras Galegas dedicado a “unha figura esencial na construción das institucións do século XX”, en palabras de Ramón Villares.

Ler a nova

O Consello da Cultura Galega asina un acordo coa Fundación Filgueira Valverde para dixitalizar documentación do polígrafo pontevedrés

Xosé Filgueira Valverde (Pontevedra, 1906-1996) mantivo unha extensa correspondencia con Castelao, Otero Pedrayo, Vicente Risco e a maior parte da intelectualidade galega do século XX. As máis de 500 carpetas con cartas que repousan no Museo de Pontevedra son unha mostra desa fecunda relación. Todas elas, xunto con outros documentos, serán dixitalizadas polo Consello da Cultura Galega en virtude dun acordo de colaboración asinado esta mañá polo presidente desta institución, Ramón Villares, e Fernando Filgueira Iglesias, fillo e presidente da Fundación Filgueira Valverde, ante a presenza de Ana Isabel Vázquez, deputada da Área de Cultura da Deputación de Pontevedra e Carlos Valle, director do museo.

Ler a nova