HELENA DE CARLOS VILLAMARÍN

Helena de Carlos Villamarín, profesora titular de Filoloxía Latina na USC, especializada en literatura latina medieval mediante dúas liñas de investigación primordiais: a materia de Troia na Idade Media e a historiografía hispana tardoantiga e medieval. Membro do grupo de investigación SÍNCRISIS da USC, é directora de Troianalexandrina: Yearbook of Classical Material in Medieval Literature (Brepols Publishers) e autora de artigos en revistas internacionais, así como de libros, entre os que destacan, para o tema que nos ocupa, Las Antigüedades de Hispania (Spoleto, CISAM, 1996); «Interpreting the Past: Some Medieval Texts on Trojan Matter», The Journal of Medieval Latin, 18 (2008), 101-116; «Ŕ lombre de Troie: les villes de Tolède et Pampelune dans le Codex de Roda», Cahiers de civilisation médiévale, 51 (2008), 129-142; La versión de Excidium Troie de un códice toledano (Madrid, BN MS 10046), Papers of the Medieval Hispanic Research Seminar, 70 (Queen Mary University of London, 2012); «The Sermo adversus Iudaeos of Quodvultdeus in manuscript Paris, BNF, lat. 8093», Revue d’Histoire des Textes, 15 (2020), 237-248, ou «Rodrigo Jiménez de Rada y la compilación historiográfica del códice de Bamberg Hist. 3», Traditio, 74 (2019), 1-22. Así mesmo, reflexionou sobre os proxectos historiográficos desenvolvidos no medievo en territorio hispano e os presupostos ideolóxicos que os animaron. Principal atención merece, a este respecto, a visión que tales obras ofrecen do pasado mítico da Península, dos heroes fundadores e da representación do período previo á conquista romana, así como o diálogo que se establece cos textos antigos na configuración dese imaxinario.

EDUARDO CEBREIROS ÁLVAREZ

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1992) e doutor en Dereito pola Universidade da Coruña (1997) tras a defensa da tese de doutoramento titulada El municipio de Santiago de Compostela a finales del Antiguo Régimen (1759-1812), publicada, con algunhas variantes, en 1999. Profesor titular de Historia do Dereito e das Institucións na Universidade da Coruña desde o ano 2002. Desde 2005 vén participando ininterrompidamente en proxectos de investigación subvencionados polo Goberno de España, con temática diversa. Foi vicedecano da Facultade de Dereito entre 2005 e 2013. Avaliador externo de diferentes revistas como Ius Fugit, Iura Vasconiae ou Miscellanea Historico-Iuridica. A súa liña preferente de investigación é a das institucións político-administrativas do Antigo Réxime, aínda que trata tamén outros ámbitos, como o ius commune ou a historia das universidades.

HENRIQUE MONTEAGUDO

Catedrático das Filoloxías Galega e Portuguesa da Universidade de Santiago de Compostela e investigador do Instituto da Lingua Galega. Foi profesor convidado nas universidades de Nova York (CUNY), Lisboa (UL), Bos Aires (UBA), California (UC Santa Barbara) e São Paulo (USP). Foi secretario do Consello da Cultura Galega (1999-2010) e desde 2013 éo da Real Academia Galega. Director de Grial. Revista galega de cultura. Nas súas investigacións tocou temas de historia da lingua, sociolingüística e glotopolítica, ademais de editar textos de autores galegos medievais e modernos. Publicou numerosos traballos sobre a lírica trobadoresca galego-portuguesa, con atención especial aos aspectos filolóxicos, como «Ortografía alfonsí? Para a análise grafemática dos testemuños poéticos en galego da segunda metade do século xiii» (2008), «Nas orixes da lírica trobadoresca galego-portuguesa» (2013), «“Cuita grande cuidado” (A 32) / “Coita grande coydado” (B 174). Estratigrafía da variación lingüística nos cancioneiros trobadorescos» (2013), «Variación scriptolingüística e estratigrafía comparada de A e B. Achegas á proto-tradición manuscrita dos cancioneiros galego-portugueses» (2015), «Mirar o mar. A singularidade de Martin Codax» (2018), «Variación scriptolingüística e tradición manuscrita da lírica trobadoresca: As variables <nh/n> e <ss/s>» (2019), «Variación e cambio lingüístico no galego-portugués (séculos xiii-xiv): os clíticos me/mi e lle/lhi e outras formas en <-e> final» (2019) e «Para a análise grafemática da *Recompilación tardía (*Livro das cantigas)» (2020).

CARLOS NÚŃEZ

Carlos Núñez (Vigo, 1971) é unha figura sobranceira da música celta, xénero que considera histórico, froito de contactos atlánticos de longue durée. Os seus instrumentos principais son as gaitas —cońece en profundidade e toca todas as atlánticas— e as frautas de pico, nas que ten formación clásica. Desde neno viviu de xeito natural a relación entre música e instrumentos tradicionais e medievais en Galicia. Nos últimos anos publicou un par de libros sobre estes asuntos e profundou —xunto a grandes da música antiga e das músicas tradicionais— na interpretación das Cantigas desde unha perspectiva atlántica, menos exótica e con menos documentación escrita que a mediterránea e quizais por iso menos explorada.

FRANCISCO PRADO-VILAR

Francisco Prado-Vilar é director de proxectos no Real Colexio Complutense en Harvard e director científico do Programa A. W. Mellon para o Pórtico da Gloria da catedral de Santiago. Foi membro e coordinador do comité científico da restauración do Pórtico da Gloria desde os seus inicios en 2008. Licenciouse en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela co premio extraordinario de licenciatura, tras o cal obtivo os títulos de mestrado e doutoramento pola Universidade de Harvard, para despois exercer postos investigadores e docentes nas universidades de Princeton e Londres, na Complutense e, máis recentemente, en Stanford, onde foi Burke Visiting Professor. Foi membro do Comité do Selo de Patrimonio Europeo da UE e comisariou exposicións como El Pórtico de la Gloria. Restauración y descubrimientos. Entre as bolsas e premios internacionais que recibiu, cabe destacar os seguintes: bolsa Charles Eliot Norton, bolsa A. W. Mellon, dúas bolsas Aga Khan e Premio de Harvard á Excelencia no Ensino. Publicou extensamente sobre a arte das Cantigas de Santa María e a cultura visual do reinado de Afonso X, con artigos de alto impacto como «The Parchment of the Sky: Poiesis of a Gothic Universe», «The Gothic Anamorphic Gaze: Regarding the Worth of Others», «Iudeus sacer: Life, Law, and Identity in the “State of Exception” called “Marian Miracle”» ou «Sombras en el Palacio de las Horas: arte, magia, ciencia y la búsqueda de la felicidad».

ELVIRA FIDALGO FRANCISCO

Elvira Fidalgo, catedrática de Filoloxía Románica na Universidade de Santiago de Compostela. Fixo labores de edición e estudo da poesía medieval galego-portuguesa, esencialmente no relativo ás Cantigas de Santa María. Publicou numerosos artigos en distintas revistas especializadas, nacionais e estranxeiras, así como capítulos en volumes de temas diversos, pero sempre relacionados co ámbito da poesía profana e da poesía relixiosa medieval galego-portuguesa; entre eles, os seguintes: «La gestación de las Cantigas de Santa Maria en el contexto de la escuela poética gallego-portuguesa», Alcanate. Revista de Estudios Alfonsíes, 2013, 17-42; «Las Cantigas de Santa Maria de Alfonso X, el Sabio», en Los sonidos de la lírica medieval hispánica (Carmen Armijo, Cristina Azuela e Manuel Mejía, eds.), México, D. F., Universidad Nacional Autónoma de México, 2013, 117-161; «El público de las Cantigas de Santa Maria. Algunas hipótesis sobre su difusión», en Estudis sobre pragmàtica de la literatura medieval (Gemma Avenoza, Meritxell Simó e Lourdes Soriano, eds.), Valčncia, Publicaciones de la Universitat de València, 2017, 141-158; «Milagros de Santa María en el camino de Santiago», en «Maria» y «Iacobus» en los Caminos Jacobeos (Adeline Rucquoi, ed.), Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 2017, 369-385, e «Animales de simbología negativa en las Cantigas de Santa Maria», en Monde animal et végétal dans le récit bref du Moyen Âge (Hugo O. Bizzarri, ed.), Wiesbaden, Reichert Verlag, 2018, 233-249.

AFONSO X

A EXPOSICIÓN

CONVERSAS

PATRIMONIO MEDIEVAL

UNIVERSO MUSICAL