Equipo de Normalización e Dinamización LingüÃsticas do CPI de Maside (Ourense)
Descrición: A idea é rescatar dos caixóns e dos vellos álbums familiares fotos que teñan unha historia detrás, que moitas veces non é coñecida pola xente máis nova da familia. Desta maneira trátase de que os alumnos teñan un achegamento a xentes e a sucesos que ocorreron hai tempo e que no seu momento foron importantes. Tamén se busca que se produza un acercamento entre as vellas e novas xeracións a través de imaxes de persoas que foron mozos e mozas, que traballaron, que se namoraron, que choraron, que riron e fixeron festas, que emigraron, que casaron e tiveron fillos, repartiron herdanzas, fixeron unha casa...
Exactamente igual ca hoxe pero hai uns anos.
BASES 
1.- Poderá participar calquera membro da comunidade escolar: alumnado, familias, profesorado e persoal non docente.
2.- Haberá dúas categorÃas: adultos e alumnado. Dentro da categorÃa do alumnado establécense as seguintes subcategorÃas: infantil, 1º, 2º e 3º ciclo de primaria, 1º e 2º ciclo de secundaria.
3.- Os traballos, en soporte informático (*), consistirán nunha fotografÃa acompañada dun texto en galego (que non exceda de 200 palabras) explicando a historia da foto ou das persoas que aparecen nela, agás en Infantil, onde o profesorado deste nivel decidirá como se presentan. Valoraranse especialmente aquelas fotografÃas nas que as mulleres sexan as protagonistas.
4.- Cada concursante poderá presentar varios traballos.
5.-Os traballos iranse publicando no blogue do Departamento de Normalización www.blogoteca.com/mollatecoalingua e os mellores na revista do Centro. Farase tamén unha exposición no Colexio.
6.- O prazo iniciase o 1 de decembro de 2009 e remata o 1 de marzo de 2010.
7.- Os traballos gañadores coñeceranse o 26 de marzo de 2010.
8.- A participación no concurso implica a aceptación destas bases.
Exemplos de traballos tirados do blogue Mollate coa Lingua, do ENDL do CPI de Maside:
Bolboretas: http://www.blogoteca.com/mollatecoalingua/index.php?cod=74036
A Bisavoa Agustina: http://www.blogoteca.com/mollatecoalingua/index.php?cod=74733
Os contidos e recursos recollidos nesta páxina web teñen unha finalidade educativa. Calquera contido que non cumpra cos requisitos necesarios para aparecer nesta web será retirado inmediatamente se así é comunicado polo autor e/ou autores ou propietarios/as dos seus dereitos.
A través desta páxina accédese libremente a recursos educativos da autoría da Coordinadora Galega de ENDL, dirixidos a aquelas persoas que queiran facer deles un uso ou utilización educativa.
Nesta páxina tamén se accede, a través de ligazóns externas ou directamente, a contidos educativos creados por docentes e centros educativos, así como por institucións e colectivos sociais e culturais cuxa autoría é citada expresamente.
A CGENDL non ten ningunha finalidade lucrativa e en ningún caso se comercializa cos contidos que aparecen neste sitio web, tampouco por parte de terceiros.