TAL - Tándem de Activación LingüÃstica
Programa
É unha iniciativa aberta dirixida a dúas categorÃas de persoas: voluntarias e activas.
As persoas voluntarias deben ter un bo nivel de galego e a través deste programa compartirán os seus coñecementos da lingua e da cultura galega con outras persoas que o precisan (as activas).
Pola contra, as activas son aquelas persoas que desexan coñecer máis sobre Galiza e sobre a súa lingua e cultura. En moitos casos, poden ser persoas que veñen de fóra para se instalaren temporal ou permanentemente no noso paÃs (estudantes, traballadores...), mais tamén pode ser calquera galego ou galega que quixer afondar no coñecemento da nosa realidade.
Desenvolvemento
O programa consiste en promover a formación de parellas de voluntarias/os e persoas que queiran aprender máis sobre a lingua e a cultura galega (activas). Trátase de superar as dificultades para falar en galego e poder aplicalo á vida cotiá, ademais de promover en moitos casos a relación de persoas de diferentes culturas. As parellas que se conformaren poderán facer todo aquilo que for do seu interese, desde falaren e xantaren até iren ver unha exposición ou faceren trámites administrativos.
No caso das persoas activas que sexan de fóra, facilitaráselles a súa estadÃa na Galiza, podendo apreciar ademais a diversidade das manifestacións culturais galegas, xa que o programa propiciará ademais actividades de lecer e de intercambio. Foméntanse asà as relacións interculturais e o intercambio de experiencias tendo como vehÃculo fundamental a lingua galega.
Todas as persoas interesadas nesta iniciativa poden obter información sobre a mesma na páxina web da EOI e xa se poden inscribir mandando un correo electrónico a: enl@eoisantiago.org
Os contidos e recursos recollidos nesta páxina web teñen unha finalidade educativa. Calquera contido que non cumpra cos requisitos necesarios para aparecer nesta web será retirado inmediatamente se así é comunicado polo autor e/ou autores ou propietarios/as dos seus dereitos.
A través desta páxina accédese libremente a recursos educativos da autoría da Coordinadora Galega de ENDL, dirixidos a aquelas persoas que queiran facer deles un uso ou utilización educativa.
Nesta páxina tamén se accede, a través de ligazóns externas ou directamente, a contidos educativos creados por docentes e centros educativos, así como por institucións e colectivos sociais e culturais cuxa autoría é citada expresamente.
A CGENDL non ten ningunha finalidade lucrativa e en ningún caso se comercializa cos contidos que aparecen neste sitio web, tampouco por parte de terceiros.