arquivo web



Onde estás:  Inicio > Recursos > Bolsa de recursos




Recursos por temática

Subtítulos de películas e documentais


Volver

Traballo desenvolvido por un grupo de profesores/as do IES Aquis Celenis de Caldas de Reis

Arquivos en formato *.srt que subtitulan para o galego diversas películas e documentais en varios idiomas.

Instrucións para ver e crear subtítulos

 

Título: Entre les murs (Entre os muros)

Dirección: Laurent Cantet (2008)

Idioma orixinal: Francés.

Xénero: Ficción

Argumento: François é un xoven mestre de lingua francesa nun instituto difícil, situado nun barrio conflitivo. Os seus alumnos teñen entre 14 e 15 anos. Non dubida en enfrontarse a Esmeralda, a Souleymane, a Khoumba e ós demais en estimulantes liortas verbais, como se a lingua estivese en xogo. François e os demais profesores prepáranse para se enfrontar a un novo curso. Cheos de boas intencións, desexosos de aportar a mellor educación ós seus alumnos, ármanse contra o desalento. Pero as culturas e as actitudes enfróntanse na clase, microcosmos da Francia contemporánea.

Descargar srt

   

Título: Azur e Asmar

Dirección: Michel Ocelot (2006)

Idioma orixinal: Francés.

Xénero: Animación

Argumento: Na Europa medieval unha muller árabe coida un neno rico, loiro, de ollos azuis (Azur); xunto a el coida ó seu propio fillo da mesma idade, moreno, de ollos escuros (Asmar). Xa de adulto, Azur decide ir a África na procura da protagonista dun conto que lle contaba a coidadora árabe cando era pequeno. Esta historia tenta reconciliar dúas culturas contrapostas aínda hoxe en día, a árabe e a occidental.

Descargar srt

   

Título: Life of Brian (A vida de Brian)

Dirección: Terry Hones(1979)

Idioma orixinal: Inglés.

Xénero: Ficción

Argumento: A película inspírase en clave de parodia na filosofía mesiánica que propiciou o comezo do cristianismo. É unha comedia situada no contexto da Palestina da época de Cristo, durante o imperio romano e nela Brian, un home corrente, é confundido repetidamente co Mesías. A trama parodia a intolerancia, o sectarismo e o dogmatismo.

Descargar srt

   

Título: A class divided (Unha clase dividida)

Dirección: FrontLine (1985)

Idioma orixinal: Inglés.

Xénero: Documental

Argumento: Documental no que a profesora de primaria Jane Eliott pon en práctica unha clase contra a discriminación, dividindo o seu alumnado entre os que teñen ollos azuis e os que teñen ollos castaños.

Descargar srt

   

Título: Wonders of the Solar System (Marabillas do Sistema Solar)

Dirección: BBC (2010)

Idioma orixinal: Inglés.

Xénero: Documental

Argumento: Documental da BBC de carácter científico que vai percorrendo as distintas marabillas do Sistema Solar.

Descargar srt parte 1
Descargar srt parte 2
Descargar srt parte 3
Descargar srt parte 4
Descargar srt parte 5

   

Título: The cove (A enseada)

Dirección: Louie Psihoyos (2010)

Idioma orixinal: Inglés.

Xénero: Documental

Argumento: Documental estadounidense que describe a matanza anual de arroaces nun Parque nacional de Taiji, en Xapón.

Descargar srt

   

Título: Pa Negre (Pan negro)

Dirección: Agustí Villaronga (2010)

Idioma orixinal: Catalán.

Xénero: Ficción

Argumento:Pa negre fala sobre a posguerra rural en Catalunya cun discurso non político senón emocional. Naqueles anos duros da posguerra, Andreu, un neno dunha familia republicana, atopa un día no bosque os corpos dun home e o seu fillo. As consecuencias do suceso levan á desintegración da súa familia, atrapada polas mentiras e os segredos do pasado.

Descargar srt

   

Título: When the wind blows (Cando o vento sopra)

Dirección: Jimmy Murakavi (1986)

Idioma orixinal: Inglés.

Xénero: Animación

Argumento: Película de animación que describe un ataque nuclear ó Reino Unido dende a perspectiva dun matrimonio xubilado. A parella mostra unha considerable confusión, e a situación úsase para dar ás veces un toque de comedia, e outras unha profunda escuridade. Segundo vai progresando a película a situación chega a ser máis desesperada a medida que chegan os efectos da radiación.

Descargar srt

   
  Descargar todos os srt

 

 




16 de Outubro de 2016
twitter tuenti facebook youtube slideshare vimeo








Aviso Legal

Os contidos e recursos recollidos nesta páxina web teñen unha finalidade educativa. Calquera contido que non cumpra cos requisitos necesarios para aparecer nesta web será retirado inmediatamente se así é comunicado polo autor e/ou autores ou propietarios/as dos seus dereitos.
A través desta páxina accédese libremente a recursos educativos da autoría da Coordinadora Galega de ENDL, dirixidos a aquelas persoas que queiran facer deles un uso ou utilización educativa.
Nesta páxina tamén se accede, a través de ligazóns externas ou directamente, a contidos educativos creados por docentes e centros educativos, así como por institucións e colectivos sociais e culturais cuxa autoría é citada expresamente.
A CGENDL non ten ningunha finalidade lucrativa e en ningún caso se comercializa cos contidos que aparecen neste sitio web, tampouco por parte de terceiros.