EDLG do Colexio CompañÃa de MarÃa
Santiago de Compostela

Ligazón: http://endlciastgo.wordpress.com/category/andan-na-boca-da-xente/
Quen anda na boca da xente? As palabras, ditos, expresións, xiros cos que nos comunicamos acotÃo, quen se non ;-)?
E para que siga sendo asÃ, para que non se perdan, para que nazan outras novas, propoñémosvos que participedes neste concurso online.
En que consiste:
Cada semana habemos propoñer algunha expresión, palabra, refrán... ou o que cadre, para que ti -alumno/a do noso colexio-, só/soa, coa túa familia, cos amigos, con quen sexa, preguntedes, investiguedes e contedes neste blog o que pensades que significa.
Como dardes a vosa resposta?
Ben doado: escribÃndonos un comentario na entrada do blog coa proposta de cada semana, no que nos contedes o que averigüastes e como. Debedes incluÃr sempre as vosas iniciais (non o nome e apelidos, por temas legais) e o curso e sempre o mesmo correo electrónico. Cando remate o prazo de contestación e fagamos a seguinte proposta, daremos a coñecer a solución da semana anterior e faremos visibles os vosos comentarios, que ata ese momento estarán ocultos.
Terase en conta:
O acertado das respostas, a boa redacción, a continuidade (que participedes moitas semanas).
Premio:
à parte de pasalo ben e aprender moito, os gañadores terán como premio unha camiseta molona molona. De serdes os gañadores, hásevos comunicar no correo electrónico que empreguedes para identificarvos.
Os contidos e recursos recollidos nesta páxina web teñen unha finalidade educativa. Calquera contido que non cumpra cos requisitos necesarios para aparecer nesta web será retirado inmediatamente se así é comunicado polo autor e/ou autores ou propietarios/as dos seus dereitos.
A través desta páxina accédese libremente a recursos educativos da autoría da Coordinadora Galega de ENDL, dirixidos a aquelas persoas que queiran facer deles un uso ou utilización educativa.
Nesta páxina tamén se accede, a través de ligazóns externas ou directamente, a contidos educativos creados por docentes e centros educativos, así como por institucións e colectivos sociais e culturais cuxa autoría é citada expresamente.
A CGENDL non ten ningunha finalidade lucrativa e en ningún caso se comercializa cos contidos que aparecen neste sitio web, tampouco por parte de terceiros.