arquivo web



Onde estás:  Inicio > Recursos > Bolsa de recursos




Recursos por temática

21 Días co galego


Volver



21 días co galego nace para conseguir unha maior competencia en galego e unha mellor conciencia lingüística a través dediferentes actividades que pretenden levar a lingua alí onde nunca estivo na vida de moit@s alumn@s.

Esta experiencia ten dous grandes obxectivos de importancia semellante:

1) O aumento e perfeccionamento do emprego da lingua oral por parte do alumnado durante 21 días, con desexable continuación no futuro.

2) A reflexión íntima e persoal da relación que cada un/unha ten co galego dende a súa situación vital concreta e individual.

Levouse a cabo con grupos de 2º de ESO e 1º de Bacharelato, tamén ofrece actividades para alumnado con necesidades educativas especiais.

Durante o curso 2013-2014 continuaremos xa a nivel departamento en todos os niveis con esta actividade.

Podedes atopar todo o material no blog 21 Días co galego: http://21diascogalego.blogspot.com.es/

Autoría: Pilar Ponte (Aprofa)
Centro: IES Pobra do Caramiñal

 

 

 

 




16 de Outubro de 2016
twitter tuenti facebook youtube slideshare vimeo








Aviso Legal

Os contidos e recursos recollidos nesta páxina web teñen unha finalidade educativa. Calquera contido que non cumpra cos requisitos necesarios para aparecer nesta web será retirado inmediatamente se así é comunicado polo autor e/ou autores ou propietarios/as dos seus dereitos.
A través desta páxina accédese libremente a recursos educativos da autoría da Coordinadora Galega de ENDL, dirixidos a aquelas persoas que queiran facer deles un uso ou utilización educativa.
Nesta páxina tamén se accede, a través de ligazóns externas ou directamente, a contidos educativos creados por docentes e centros educativos, así como por institucións e colectivos sociais e culturais cuxa autoría é citada expresamente.
A CGENDL non ten ningunha finalidade lucrativa e en ningún caso se comercializa cos contidos que aparecen neste sitio web, tampouco por parte de terceiros.