Este conto -dirixido a nenas e nenos de 3 a 8 anos- atende tres necesidades fundamentais:
- A primeira é a necesidade de atender a todo o alumnado.
- A segunda é a necesidade urxente de traballar en prol da convivencia das persoas a través da aceptación de cadaquén
- A terceira, é a necesidade de elaborar materiais que sexan complementarios á lectura
Ademais:
-Accesibles a todas as persoas, seguindo as directrices do Consorcio World Wide Web (W3C).
-Con diferentes sistemas comunicativos e soportes:* Texto escrito en galego e castelán.
* Os pictogramas Widgit, que serven como sistema de comunicación aumentativo á lingua escrita.
* E, grazas ás novas tecnoloxÃas, a Lingua de Señas Española, a variante dialectal galega en señas, amén da lectura en audio.
AutorÃa: TADEGA
Os contidos e recursos recollidos nesta páxina web teñen unha finalidade educativa. Calquera contido que non cumpra cos requisitos necesarios para aparecer nesta web será retirado inmediatamente se así é comunicado polo autor e/ou autores ou propietarios/as dos seus dereitos.
A través desta páxina accédese libremente a recursos educativos da autoría da Coordinadora Galega de ENDL, dirixidos a aquelas persoas que queiran facer deles un uso ou utilización educativa.
Nesta páxina tamén se accede, a través de ligazóns externas ou directamente, a contidos educativos creados por docentes e centros educativos, así como por institucións e colectivos sociais e culturais cuxa autoría é citada expresamente.
A CGENDL non ten ningunha finalidade lucrativa e en ningún caso se comercializa cos contidos que aparecen neste sitio web, tampouco por parte de terceiros.