Visionado dun fragmento dunha entrevista ao catedrático de sociolingüista Juan Carlos Morena Cabrera no que fala da expansión do castelán e o que supuxo para outras linguas de América e da PenÃnsula. Tamén desmonta moitos dos tópicos sobre a utilidade das linguas. Defende, entre outras cousas, que no Estado español é máis útil o galego e o catalán, mesmo fóra destas comunidades autónomas, ca o inglés. Tralo visionado pasarÃase un test que animarÃa á reflexión na posta común das respostas.
AutorÃa: Inmaculada Otero Varela
Centro: IESP Neira Vilas (Oleiros)
Entrevista a Juan Carlos Moreno Cabrera en "Para todos La 2: https://www.youtube.com/watch?v=rA2ghdnDoDM
1.-Por que se espallan as linguas, como por exemplo o español, no mundo?
2.-Que aspectos negativos terÃa a expansión das linguas?
3.-O número de falantes é indicativo da vitalidade dunha lingua? ExplÃcao
4.-As linguas son homoxéneas? Fálanse do mesmo xeito en todos os territorios?
5.-Como valora Moreno Cabrera a diversidade que presenta unha mesma lingua?
6.-Hai linguas máis fáciles de aprender e linguas máis difÃciles? ExplÃcao
7.-É importante ser multilingüe aÃnda que sexa en linguas minorizadas? Por que?
8.-É un argumento válido para a aprendizaxe dunha lingua o feito de que esta teña moitos falantes? Por que?
9.-É posible a comunicación cun madrileño en catalán ou galego? Por que non se produce?
10.- É máis útil o inglés no Estado Español ou o galego, éuscaro ou catalán? Por que?
11.-Ao final da entrevista fálase da diferenza entre aprendizaxe activa e aprendizaxe pasiva das linguas. Cal serÃa a diferenza?
Os contidos e recursos recollidos nesta páxina web teñen unha finalidade educativa. Calquera contido que non cumpra cos requisitos necesarios para aparecer nesta web será retirado inmediatamente se así é comunicado polo autor e/ou autores ou propietarios/as dos seus dereitos.
A través desta páxina accédese libremente a recursos educativos da autoría da Coordinadora Galega de ENDL, dirixidos a aquelas persoas que queiran facer deles un uso ou utilización educativa.
Nesta páxina tamén se accede, a través de ligazóns externas ou directamente, a contidos educativos creados por docentes e centros educativos, así como por institucións e colectivos sociais e culturais cuxa autoría é citada expresamente.
A CGENDL non ten ningunha finalidade lucrativa e en ningún caso se comercializa cos contidos que aparecen neste sitio web, tampouco por parte de terceiros.