arquivo web



Onde estás:  Inicio > Recursos > Bolsa de recursos




Recursos por temática

Libro dixital de lingua galega para 1º e 2º de ESO dende un enfoque de tarefas centrado na comunicación


Volver

Trátase de catro unidades didácticas para traballar indistintamente en 1º e 2º de ESO. O punto de partida é a realización dunha tarefa, a partir da cal se van desenvolvendo todos os elementos do currículo. Cada unidade didáctica céntrase nun tipo de texto e desenvolve unha tarefa en 20 chanzos, nos que o alumnado debe conseguir os contidos e habilidades necesarios para realizar con éxito a tarefa. O enfoque dálle prioridade ó feito comunicativo e ten especialmente en conta o desenvolvemento de habilidades orais. Para acceder ó libro dixital abonda cun navegador web.


Autoría: Ana María Rial Aparicio e Manuel Rosales Graña

Ligazón: http://cotovia.org/proxecto/index.html

Descarga dende o repositorio Abalar (por agora só as dúas primeiras unidades didácticas)



 

 



16 de Outubro de 2016
twitter tuenti facebook youtube slideshare vimeo








Aviso Legal

Os contidos e recursos recollidos nesta páxina web teñen unha finalidade educativa. Calquera contido que non cumpra cos requisitos necesarios para aparecer nesta web será retirado inmediatamente se así é comunicado polo autor e/ou autores ou propietarios/as dos seus dereitos.
A través desta páxina accédese libremente a recursos educativos da autoría da Coordinadora Galega de ENDL, dirixidos a aquelas persoas que queiran facer deles un uso ou utilización educativa.
Nesta páxina tamén se accede, a través de ligazóns externas ou directamente, a contidos educativos creados por docentes e centros educativos, así como por institucións e colectivos sociais e culturais cuxa autoría é citada expresamente.
A CGENDL non ten ningunha finalidade lucrativa e en ningún caso se comercializa cos contidos que aparecen neste sitio web, tampouco por parte de terceiros.