Unidade didáctica elaborada pola profesora de Lingua Galega e especialista en sociolingüÃstica Ana Iglesias e editada pola SecretarÃa Xeral de PolÃtica LingüÃstica a partir do documental homónimo de MarÃa Yáñez e Mónica Ares (2007), que afonda na situación sociolingüÃstica do idioma. A unidade didáctica inclúe un caderno para o alumno e o caderno para o profesor. Estrutúrase en bloques de actividades previas e posteriores ao visionado do documental para traballar as actitudes lingüÃsticas do alumnado dende a perspectiva da mocidade.
Unidade didáctica. Descarga en pdf.

Descrición do documental
É un documental no que fala a mocidade galega e por que? Perviven os estereotipos que marcan os falantes de galego ou de castelán? Existe conflito por culpa da lingua? Que lle falta ao galego para estar normalizado? Que futuro lle espera? Linguas cruzadas é un documental de 50’ que afonda na cuestión sociolingüÃstica a través da xente nova, da primeira xeración da historia que tivo o galego como lingua oficial. Xente de menos de 30 anos que creceu aprendendo galego na escola e escoitándoo na TVG e na RG.Co convencemento de que as experiencias e opinións desta xeración son clave para entender o estado actual da lingua e os retos para o futuro, o documental recolle as opinións de máis de 35 persoas, centrándonos en 5 personaxes que representan outros tantos paradigmas de falantes na mocidade actual.
Os contidos e recursos recollidos nesta páxina web teñen unha finalidade educativa. Calquera contido que non cumpra cos requisitos necesarios para aparecer nesta web será retirado inmediatamente se así é comunicado polo autor e/ou autores ou propietarios/as dos seus dereitos.
A través desta páxina accédese libremente a recursos educativos da autoría da Coordinadora Galega de ENDL, dirixidos a aquelas persoas que queiran facer deles un uso ou utilización educativa.
Nesta páxina tamén se accede, a través de ligazóns externas ou directamente, a contidos educativos creados por docentes e centros educativos, así como por institucións e colectivos sociais e culturais cuxa autoría é citada expresamente.
A CGENDL non ten ningunha finalidade lucrativa e en ningún caso se comercializa cos contidos que aparecen neste sitio web, tampouco por parte de terceiros.