|
Só tes que proporlle a algún alumno/a de calquera etapa educativa, de calquera centro de Galicia ou de fóra, que teña o galego como primeira lingua, que fale de un dos seguintes temas (amizades, amor, deportes, familia, festas, historias-contos-lendas, internet, libros, lugares, mascotas, moda, motor, música, vacacións, viaxes, xogos). Tamén podería valer calquera outra proposta que consideredes de moito interese.
Gravarase a voz dos/as falantes coa maior calidade posible e cargaranse os arquivos de audio, preferiblemente en mp3, na sección de Colaboración.
O tempo máximo de gravación é de 1 minuto e, se é posible, deberíanse deixar 2 segundos de silencio antes de que comecen as voces e despois de remataren.
Anímate! Contamos contigo!
Porque ti tamén tes dereito a presumir do teu >GALEGO<! |
|