A expansión e utilidade das linguas: relacións entre linguas maioritarias e minorizadas
Visionado dun fragmento dunha entrevista ao catedrático de sociolingüista Juan Carlos Morena Cabrera no que fala da expansión do castelán e o que supuxo para outras linguas de América e da Península. Tamén desmonta moitos dos tópicos sobre a utilidade das linguas. Defende, entre outras cousas, que no Estado español é máis útil o galego e o catalán, mesmo fóra destas comunidades autónomas, ca o inglés. Tralo visionado pasaríase un test que animaría á reflexión na posta común das respostas.
Autoría: Inmaculada Otero Varela
Centro: IESP Neira Vilas (Oleiros)
1.-Por que se espallan as linguas, como por exemplo o español, no mundo?
2.-Que aspectos negativos tería a expansión das linguas?
3.-O número de falantes é indicativo da vitalidade dunha lingua? Explícao
4.-As linguas son homoxéneas? Fálanse do mesmo xeito en todos os territorios?
5.-Como valora Moreno Cabrera a diversidade que presenta unha mesma lingua?
6.-Hai linguas máis fáciles de aprender e linguas máis difíciles? Explícao
7.-É importante ser multilingüe aínda que sexa en linguas minorizadas? Por que?
8.-É un argumento válido para a aprendizaxe dunha lingua o feito de que esta teña moitos falantes? Por que?
9.-É posible a comunicación cun madrileño en catalán ou galego? Por que non se produce?
10.- É máis útil o inglés no Estado Español ou o galego, éuscaro ou catalán? Por que?
11.-Ao final da entrevista fálase da diferenza entre aprendizaxe activa e aprendizaxe pasiva das linguas. Cal sería a diferenza?
Actitudes e prexuízos lingüísticos en Galicia. A súa influencia nos usos
Autoría: Ana Iglesias Álvarez
Tras unha aproximación teórica aos conceptos de actitudes e prexuízos lingüísticos, a autora analiza a súa presenza na nosa comunidade a partir dos datos achegados polo Volume III do Mapa Sociolingüístico de Galicia, publicado en 1996. O estudo dos prexuízos cara á lingua galega e os seus falantes, así como cara ao proceso de normalización e a reflexión sobre o peso destes na elección lingüística, reflicten que as actitudes respecto ao galego non son tan boas como se esperaban. Seguir traballando coas actitudes, pero tamén traballar a competencia lingüística e a presenza do galego en ámbitos asociados á modernidade e ao progreso son as propostas da autora para poder mellorar.
Documental producido por Rinoceronte Editora que reflexiona sobre o abandono da lingua na infancia, en nenos e nenas que viven nun entorno familiar galegofalante. A través de entrevistas con nais e pais, o documental amosa casos particulares de familias con vontade de educar aos seus fillos e fillas en galego mais que asisten ao cambio da lingua, en maior medida ao se escolarizar.
De como unha lingua normalizada e maioritaria pode ser minorizada. Comparativa entre a situación do castelán en Estado Unidos e a doutras linguas coma a galega dentro do seu propio territorio.
En galego, por que non?
Autoría: Manuel Núñez Singala
Editorial Galaxia, Col. Biblioteca de Intervención Social, Vigo: 2009.
Libro que aborda os prexuízos e as simplificacións existentes sobre a lingua galega a través de exemplos moi concretos.
A(s) lingua(s) a debate. Inquérito sobre opinións, actitudes e expectativas da sociedade galega
Autoría: Observatorio da Cultura Galega (Consello da Cultura Galega)
Segunda edición, revisada e ampliada, do informe que presenta os datos sobre as actitudes que a poboación galega mostra cara á lingua galega e o seu uso nos diferentes ámbitos sociais, obtidos a partir dunha enquisa dirixida á poboación adulta.
Autoría: Xosé María Moreno Villar (IES de Beade de Vigo)
Esta guía quere ofrecer ao profesorado, coa axuda da lectura de Made in Galiza, material complementario para explicar a parte da programación de sociolingüística da materia de Lingua Galega e Literatura de 2º de Bacharelato. Tamén pode ser empregada noutros cursos da ESO ou en 1º de Bac. para facilitar a comprensión dos conceptos de sociolingüística comprendidos no programa de cada curso. Xa que logo, pretende ofrecer material didáctico para fomentar o debate sobre as actitudes e os comportamentos ante a lingua galega entre o alumnado.
Guía de Lectura de "Made in Galiza". Por Xosé María Moreno Villar Linguas Cruzadas
É un documental no que fala a mocidade galega e por que? Perviven os estereotipos que marcan os falantes de galego ou de castelán? Existe conflito por culpa da lingua? Que lle falta ao galego para estar normalizado? Que futuro lle espera? Linguas cruzadas é un documental de 50’ que afonda na cuestión sociolingüística a través da xente nova, da primeira xeración da historia que tivo o galego como lingua oficial.
Xente de menos de 30 anos que creceu aprendendo galego na escola e escoitándoo na TVG e na RG. Co convencemento de que as experiencias e opinións desta xeración son clave para entender o estado actual da lingua e os retos para o futuro, o documental recolle as opinións de máis de 35 persoas, centrándonos en 5 personaxes que representan outros tantos paradigmas de falantes na mocidade actual.
Unidade didáctica que permite traballar na aula o documental Linguas Cruzadas. Estrutúrase en dúas partes: caderno do alumnado e caderno do profesorado. A primeira propón entretidas actividades de reflexión lingüística para o alumnado, destinadas a poñer de relevo – e desmontar posteriormente- estereotipos e prexuízos que dificultan o uso normal da lingua. O caderno do profesorado ofrece información e respostas sobre as actividades suxeridas.
Clasificación dos prexuízos lingüísticos elaborada polo alumnado de 4º da ESO do IES da Pobra do Caramiñal baseada nunha proposta de clasificación do profesor X. R. Freixeiro Mato. Ligazón.
Vídeo-montaxe que compara a actitude acomplexada da protagonista cos resultados do célebre experimento The Clark doll experiment. Prexuízos lingüísticos vs prexuízos raciais.
Autoría: Xosé María Moreno (IES de Beade de Vigo).
Hablaba en gallego, que bajón!!!
Proposta de actividades de Pilar Ponte Patiño a través da análise do vídeo "O galego e a galegofobia no programa Gran Hermano 2011". Ligazón.
Actividades de reflexión lingüística
"Personaxes" e "Que din os rumorosos?" son dúas propostas para traballar na aula.
Vídeo didáctico para introducir os principais fenómenos que se dan nos contextos de contacto entre linguas: linguas maioritarias/linguas minoritarias; linguas dominantes ou hexemónicas/linguas minorizadas; linguas oficiais/linguas non oficiais; conflito lingüístico; bilingüismo e diglosia; e prexuízos lingüísticos.
20 entrevistas a persoas de diferentes idades e condicións sociais aproxímannos á memoria histórica da lingua galega. Unha nova perpectiva para ollar o galego e para sacar do esquecemento a situación de represión que viviu e vive a nosa lingua. A través da historia viva das súas protagonistas achegámonos ao pasado máis recente da lingua galega e tamén á situación actual que está a vivir.
Autoría: As Candongas do Quirombo
Sociolingüística: os prexuízos lingüísticos.
Proposta de actividade de aula do Dpto. do IES Aquis Celenis de Caldas de Reis.