Idiomas: Español / English
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro s/n
15705 Santiago - A Coruña
Tel.: +34 981957202
Directorio de contactos
Rosalia de Castro no século XXI. Unha nova ollada é un congreso internacional dividido en 5 xornadas e un congreso virtual. Contará coa participación de especialistas na obra rosaliana de diferentes xeracións e de dentro e fóra de Galicia que achegarán olladas renovadoras desta autora única.

OBXECTIVOS

CONGRESO PRESENCIAL
5 xornadas, once conferencias (cos seus correspondentes retruques), 9 mesas redondas, un recital poético e medio centenar de relatorios de especialistas.
BAIXA O PROGRAMA
PROGRAMA XORNADA 28/02/2013
PROGRAMA XORNADA 21/03/2013
PROGRAMA XORNADA 25/04/2013
PROGRAMA XORNADA 30/05/2013
PROGRAMA XORNADA 27/06/2013


Lugar de celebración

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
15705 Santiago de Compostela - A Coruña



CONGRESO VIRTUAL
O congreso terá tamén unha parte virtual aberta a comunicacións libres, coas mesmas liñas temáticas do congreso presencial.
MAÍS INFORMACIÓN


RECURSOS SOBRE ROSALÍA DE CASTRO

en culturagalega.org
no Álbum de mulleres
na Mediateca

SIGUE O EVENTO
EN TWITTER

#rosalia2013

28 DE FEBREIRO DE 2013

ROSALÍA DE CASTRO ANTE OS PROCESOS DE CAMBIO SOCIAL E CULTURAL DO SÉCULO XIX
Coordinadora:
María do Cebreiro Rábade, coordinadora do Grupo de Investigación Rosalía de Castro
da USC

A obra de Rosalía de Castro documenta dun xeito moi nidio os cambios que, tanto no contexto galego como no global, tiveron lugar ao longo do século XIX. O propósito desta xornada é debuxar a súa traxectoria intelectual e literaria en relación con eses procesos históricos, prestando especial atención ao seu diálogo co contexto americano, co incipiente discurso científico-tecnolóxico e cos debates contemporáneos sobre a lingua.
09:30 AM Inauguración do Congreso  
10:00 AM A evolución política/intelectual do matrimonio Murguía-Castro, desde os anos sesenta aos anos oitenta do século XIX
Xosé Ramón Barreiro Fernández, catedrático emérito da USC e numerario da RAG.
Retrucante: Catherine Davies, catedrática de Estudos Hispánicos e Latinoamericanos da University of Nottingham
11:30 AM Pausa  
12:00 AM Mesa redonda
Rosalía ante os discursos científicos e as novidades tecnolóxicas do seu tempo
Moderador: Francisco Díaz-Fierros, vicepresidente do CCG e catedrático de Edafoloxía da USC.
Mari Lires
, profesora de Didáctica das Ciencias Experimentais da Universidade de Vigo.
Mirta Suquet
, investigadora do Grupo de referencia competitiva en Teoría da Literatura e Literatura Comparada e do Grupo de Investigación Rosalía de Castro da USC.
Margarita García Candeira
, profesora de Didáctica da Literatura Española da Universidad de Huelva e membro do Grupo de Investigación Rosalía de Castro da USC
04:00 PM Rosalía de Castro e América
Catherine Davies, catedrática de Estudos Hispánicos e Latinoamericanos da University of Nottingham.
Retrucante: Pilar Cagiao, profesora de Historia de América da USC
06:00 PM Mesa redonda
Usos e ideas sobre a lingua na obra de Rosalía
Moderador: Henrique Monteagudo, profesor de Filoloxía Galega da USC e coordinador da Sección de Lingua, Literatura e Comunicación do CCG .
Xose A. Fernández Salgado
, profesor de Filoloxía Galega da Universidade de Vigo.
Carme Hermida
, profesora de Filoloxía Galega da USC.
Goretti Sanmartín Rei
, profesora de Filoloxía Galega da Universidade da Coruña

21 DE MARZO DE 2013

DO PRIVADO AO PÚBLICO: A CONFIGURACIÓN DA ROSALÍA ESCRITORA
Coordinadora:
Dolores Vilavedra, profesora de Literatura Galega da USC

A partir da análise dos importantes avances experimentados nos últimos anos no coñecemento da biografía rosaliana, profundizarase na súa dimensión autorial, tanto no proceso de construción coma na súa significación epocal, así como nas posibles interpretacións da imaxinaría creada a partir da obra e da vida da escritora.
10:00 AM Avances na investigación da biografía rosaliana
Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda, profesora e investigadora.
Retrucante: María do Cebreiro Rábade, coordinadora do Grupo de Investigación Rosalía de Castro da USC
11:30 AM Pausa  
12:00 AM Mesa redonda
As imaxes en Rosalía, as imaxes de Rosalía
Moderadora: Marta Pérez Pereiro, profesora de Ciencias da Comunicación da USC.
Helena Miguélez
, profesora de Estudos Hispánicos da Bangor University.
Arantxa Serantes
, investigadora predoutoral da USC.
Fernando Pereira Bueno
, profesor de Ciencias Sociais no IES Carlos Casares, Vigo
04:00 PM O paradigma autorial de Rosalía de Castro: unha denominación de orixe
Pilar García Negro, profesora de Filoloxía Galega da Universidade da Coruña e escritora.
Retrucante: María López Sández, profesora de Didáctica da Lingua e a Literatura da USC e profesora de Ensino Secundario
06:00 PM Recital poético  

25 DE ABRIL DE 2013

CARA A UNHA INTERPRETACIÓN GLOBAL DE ROSALÍA: HERMENÉUTICA, FONTES E EDICIÓN
Coordinador:
Anxo Angueira, profesor de Filoloxía Galega da Universidade de Vigo

Desde o rosalianismo contemporáneo, parece cada vez máis precisa unha lectura sistémica do conxunto da obra, en prosa e en verso, en galego e castelán. Asociado a este tema está tamén o reto da revisión da edición da obra completa e a súa lectura á luz das máis importantes fontes, como a das letras alemás do seu tempo.
10:00 AM Para unha interpretación integral da obra rosaliana
Xesús Alonso Montero, catedrático de Literatura Galega da USC.
Retrucante: Dolores Vilavedra, profesora de Literatura Galega da USC
11:30 AM Pausa  
12:00 AM Mesa redonda
Editar Rosalía
Moderador: Anxo Angueira, profesor de Filoloxía Galega da Universidade de Vigo.
Henrique Monteagudo
, profesor de Filoloxía Galega da USC e coordinador da Sección de Lingua, Literatura e Comunicación do CC.
Aurora López
, profesora de Filoloxía Latina da Universidad de Granada.
Ana Rodríguez Fischer
, profesora de Literatura da Universitat de Barcelona.
Juan Barja
, director do Círculo de Bellas Artes, Madrid
04:00 PM Mesa redonda
O mundo editorial da época
Moderador: Andrés Pociña, profesor de Filoloxía Latina da Universidad de Granada.
Xurxo Martínez González
, investigador da Universidade de Vigo.
Santiago Díaz Lage
, investigador.
Carmen Pérez Pais
, profesora de Biblioteconomía e Documentación da Universidade da Coruña
06:30 PM Gótico e romantismo alemán en Rosalía
-Rosalía e o Volksgeist; resonancias do romanticismo alemán no contexto galego
Derek Flitter, profesor de Linguas Modernas da University of Exeter
-A cuestión do gótico nas novelas de Rosalía
César Domínguez, profesor de Literatura Comparada da USC

30 DE MAIO DE 2013

ROSALÍA NO CONTEXTO INTERNACIONAL: PARALELISMOS E INFLUENCIAS; DIFUSIÓN E ACTUALIDADE
Coordinadora:
Rosario Álvarez, vicepresidenta do Consello da Cultura Galega

A obra de Rosalía, en prosa e verso, debe ser contemplada á luz dos paradigmas estéticos do seu tempo, sexa no contexto hispánico sexa no contexto europeo; ese será o obxectivo da primeira parte da xornada. A segunda está dedicada á actualidade da obra rosaliana como expoñente da cultura galega en todo o mundo, centrándose na tradución como principal medio de difusión.
10:00 AM Modelos estéticos da obra rosaliana no contexto europeo
Javier Gómez-Montero, catedrático de Literaturas Románicas da Christian-AlbrechtsUniversität zu Kiel.
Retrucante: Arturo Leyte, catedrático de Filosofía da Universidade de Vigo
11:30 AM Pausa  
12:00 AM Mesa redonda
Rosalía e o canon literario do seu tempo
Moderadora: Olivia Rodríguez González, profesora de Teoría da Literatura e Literatura Comparada da Universidade da Coruña.
M.ª Xesús Lama López
, profesora de Literatura Galega da Universitat de Barcelona.
José Manuel González Herrán
, catedrático de Literatura Española da USC.
Fernando Cabo Aseguinolaza
, catedrático de Teoría da Literatura e Literatura Comparada da USC
04:00 PM Flavio e mailo Cabaleiro vestidos de inglés
Kathleen N. March, profesora de Español da The University of Maine.
Retrucante: M.ª Teresa Caneda Cabrera, profesora de Filoloxía Inglesa da Universidade de Vigo
06:00 PM Mesa redonda
A proxección exterior da obra rosaliana
Moderador: Javier Gómez-Montero, catedrático de Literaturas Románicas da Christian-Albrechts-Universität zu Kiel.
Olga Castro
, profesora de Estudos de Tradución da Aston University, Birmingham.
Jonathan Dunne
, editor e tradutor da Small Stations Press.
Áurea Fernández Rodríguez
, profesora da Universidade de Vigo e membro do grupo BITRAGA

27 DE XUÑO DE 2013

ROSALÍA Á LUZ DOS NOVOS PARADIGMAS CRÍTICOS
Coordinadoras:
Helena González, profesora de Literatura Galega da Universitat de Barcelona
Dolores Vilavedra, profesora de Literatura Galega da USC

Esta derradeira sesión presencial pretende amosar a eficacia das novas ferramentas analíticas para propor unha interpretación global da figura e da obra rosalianas, que integre con coherencia dimensións ata o de agora silenciadas ou infravaloradas.
10:00 AM A obra de Rosalía: como convencer os galegos de que o somos
Francisco Rodríguez, catedrático de instituto e doutor en Filoloxía Románica
Retrucante: Helena González, profesora de Literatura Galega da Universitat de Barcelona
11:30 AM Pausa  
12:00 AM Mesa redonda
Rosalía á luz do pensamento feminista
Moderadora: Margarita Ledo, catedrática de Comunicación Audiovisual e Publicidade da USC e numeraria da RAG
Carmen Blanco,, profesora de Literatura Galega da USC e escritora .
María Reimóndez, escritora e investigadora independente.
M.ª Xesús Nogueira, profesora de Literatura Galega da USC.
04:00 PM Rosalía e os emigrantes galegos, 1880-1970: da polisemia do mito na diáspora
Xosé M. Núñez Seixas, catedrático de Historia Contemporánea da Ludwig-MaximiliansUniversität München.
Retrucante: Afonso Vázquez-Monxardín, catédrático de Lingua e Literatura Galega do IES As Lagoas, Ourense
06:00 PM Mesa redonda
Cantares gallegos, novas perspectivas de análise
Moderador: Anxo Angueira, profesor de Filoloxía Galega da Universidade de Vigo.
María López Sández
, profesora de Didáctica da Lingua e a Literatura da USC e profesora de Ensino Secundario.
Helena González
, profesora de Literatura Galega da Universitat de Barcelona.
Álex Alonso
, profesor da City University of New York

CONGRESO VIRTUAL

ENVIO DE COMUNICACIÓNS E PROCESO DE PUBLICACIÓN
Calquera estudoso de Rosalía de Castro e o seu tempo pode participar no congreso virtual. As comunicacións serán avaliadas polo comité científico e publicadas neste Congreso virtual e posteriormente, editaranse nunha publicación electrónica coas características e garantías dunha publicación científica de calidade.

As comunicacións deben ser enviadas a rosalia2013@consellodacultura.org canda o formulario cos datos básicos da comunicación. As comunicacións deben cumprir as normas de edición e as características temáticas especificadas para estas. Por favor, consulte os tres documentos anexos para coñecer toda a información.

  1. Call for papers / Anuncio do prazo de comunicacións.
  2. Formulario cos datos básicos da comunicación.
  3. Normas de edición.
09/05/2012 Título comunicacion
Autor

AXENDA