AFONSO X

En 2021, ano xacobeo, conmemórase o 800 aniversario do nacemento de Afonso X, rei de Castela, León e Galicia (1252-1284). Coincidindo coa efeméride, o Consello da Cultura Galega presenta o proxecto expositivo Afonso X e Galicia, comisariado polo profesor de Estudos Medievais Antoni Rossell.

CONVERSAS SOBRE O REI SABIO

Achégate ás distintas facetas do monarca, desde os seus avatares políticos ata o seu labor cultural, a través da ollada de Henrique Monteagudo, Helena de Carlos, Francisco Prado, Elvira Fidalgo, Eduardo Cebreiros e Carlos Núñez.

GALICIA E O PATRIMONIO MEDIEVALAFONSINO

Itinerarios por lugares de interese das catro provincias que gardan legado medieval relacionado con Afonso X en forma de documentos, códices, pezas, esculturas, moedas, xoias...

A EXPOSICIÓN

O proxecto expositivo é unha peregrinaxe multiple pola figura de Afonso X: vida, obra e presenza en Galicia, a través de documentos, testemuños arqueolóxicos, literarios e musicais, achegando o pasado medieval galego para mellor coñecemento da nosa historia e da nosa cultura.

UNIVERSO MUSICAL E SONORO

A lírica das culturas medievais e, en concreto, o repertorio mariano afonsino viven nun mundo oral. A exposición afonda na composición musical das Cantigas de Santa María e na vontade intertextual e intermelódica, tanto da lírica relixiosa como da profana.

GAME JAM

Un dos obxectivos do proxecto expositivo é achegar a figura de Afonso X a todos os públicos, en especial á mocidade. Con este fin, o Consello da Cultura xunto coa Asociación Galega do Videoxogo, videoxogo.gal, organizan unha game jam con temática alfonsina.

O monarca que de tanto mirar as estrelas se esqueceu da terra

MÁIS SOBRE O PROXECTO

ACCEDE ÁS ENTREVISTAS

COÑECE A PEGADA DE AFONSO X EN GALICIA

PREPARA A TÚA VISITA

ESCOITA AS CANTIGAS DE SANTA MARÍA

CONSULTA AS BASES

© Consello da Cultura Galega, 2021