Feitos

Lingua habitual

Hai moitos anos que empezou un descenso paulatino no número de falantes de galego. Este descenso constatouse sempre entre xeracións, habendo máis falantes de galego entre os maiores que entre os nenos. Se ben é certo que isto segue a ser así, nos últimos estudos tense constatado un freo nese descenso. Isto podería significar que a perda de falantes de galego estea a tocar fondo.