Feitos

Actitudes cara ao galego

Historicamente, o galego considerouse unha lingua “peor“ que o castelán. Moita xente cría que non se podía falar galego co médico ou co avogado, porque resultaba pouco apropiado. Tamén se pensaba que quen falaba galego non era unha persoa moderna ou culta. Hoxe en día, moitos dos prexuízos negativos sobre o galego están superados, aínda que nalgúns sectores hai algunhas resistencias. Como vemos na gráfica, a maioría cre que a lingua dos galegos é o galego, ou en todo caso, as dúas linguas que aquí conviven.