Feitos

O futuro da lingua

Hoxe en día, pese a que a situación está lonxe de ser a ideal para o idioma, hai que constatar moitos avances. Os nenos aprenden galego na escola, os cidadáns teñen dereito a que se lles atenda en galego na Administración e hai unha televisión e unha radio que emiten integramente en galego. En cambio, a proporción de persoas que non fala galego habitualmente é a maior da historia desta lingua. Só co esforzo e o compromiso do conxunto da sociedade galega, dos cidadáns e dos seus dirixentes, conseguirase que o galego goce, parafraseando ao escritor Álvaro Cunqueiro, de mil primaveras máis.