arquivo web



Onde estás:  Inicio > Campañas > Manifesto Docentes




Manifesto da Coordinadora Galega de ENDL (Docentes)
Preme aquí para ir á Adhesión de Equipos

Sinaturas recollidas: 3498

Os Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística abaixo asinantes queren manifestar a súa preocupación ante a intención do novo goberno de derrogar o Decreto 124/2007 polo que se regula o uso e promoción do galego no sistema educativo. Como dinamizadores lingüísticos, pero moi especialmente como profesionais do ensino que somos, queremos facer constar o seguinte:

1. Este decreto desenvolve o Plan xeral de normalización da lingua galega, aprobado por unanimidade no Parlamento de Galicia no ano 2004 e elaborado, na parte referida á educación, por unha comisión na que se integraban representantes das ANPAS, do profesorado, das organizacións pedagóxicas e das patronais do ensino concertado.

2. Supón a superación dunha lexislación, o Decreto 247/95, que -despois de 12 anos de aplicación- tiña demostrado que non estaba respondendo aos obxectivos para os que fora deseñada, tal como poñen de manifesto os últimos datos do Mapa Sociolingüístico de Galicia.

3. Persegue como finalidade última que o alumnado acade, ao rematar os seus estudos, unha plena competencia lingüística que o capacite para expresarse oralmente e por escrito nas dúas linguas oficiais de Galicia, no marco dun ensino plurilingüe.

4. Favorece que cada centro elabore o seu propio Proxecto lingüístico, documento que debe ser aprobado polo Consello Escolar e que, polo tanto, require a implicación e o consenso de toda a comunidade educativa: profesorado, alumnado, pais/nais, persoal non docente e representantes dos concellos.

Dado que consideramos as medidas que se establecen no decreto como unha achega importante na tarefa dinamizadora e normalizadora que realizamos nos centros e que non pasou tempo suficiente para avaliar se os seu resultados satisfán os obxectivos para os que foi aprobado, solicitámoslle ao novo goberno que manteña os compromisos acordados pola comunidade educativa e o Parlamento galego no Plan xeral de normalización da lingua galega.

 Descarga

Confidencialidade dos datos*


Busca dun Centro:

Asinaron este Manifesto:

Sinaturas recollidas: 0


Protección de datos
Conforme ao artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro de protección de datos de carácter persoal informámolo/a do seguinte:
1º.- Que a finalidade da recollida de sinaturas ten como único obxectivo a súa utilización para a xestión e tramitación da campaña “Manifesto dos ENDL” levada a cabo pola Coordinadora Galega de ENDL
2º.- Que vostede presta o consentimento expreso e inequívoco para que os seus datos persoais sexan cedidos aos organismos públicos e/ou privados competentes coa mesma finalidade descrita anteriormente.
3º.- Que unha vez rematada a campaña os datos persoais serán cancelados segundo o establecido na normativa.
4º.- Que ten a posibilidade legal de exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición nos termos establecidos na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal dirixíndose a Coordinadora Galega de ENDL,correo@coordinadoraendl.org.

 





16 de Outubro de 2016
twitter tuenti facebook youtube slideshare vimeo








Aviso Legal

Os contidos e recursos recollidos nesta páxina web teñen unha finalidade educativa. Calquera contido que non cumpra cos requisitos necesarios para aparecer nesta web será retirado inmediatamente se así é comunicado polo autor e/ou autores ou propietarios/as dos seus dereitos.
A través desta páxina accédese libremente a recursos educativos da autoría da Coordinadora Galega de ENDL, dirixidos a aquelas persoas que queiran facer deles un uso ou utilización educativa.
Nesta páxina tamén se accede, a través de ligazóns externas ou directamente, a contidos educativos creados por docentes e centros educativos, así como por institucións e colectivos sociais e culturais cuxa autoría é citada expresamente.
A CGENDL non ten ningunha finalidade lucrativa e en ningún caso se comercializa cos contidos que aparecen neste sitio web, tampouco por parte de terceiros.