© Consello da Cultura Galega, 2021
PATRIMONIO MEDIEVAL
GALICIA E O PATRIMONIO MEDIEVAL AFONSINO
Un dos obxectivos da exposición, intrinsecamente vencellado ao labor do Consello da Cultura Galega, é dar a coñecer o noso patrimonio, neste caso promovendo a visita a outros lugares de interese das catro provincias que gardan legado medieval relacionado con Afonso X en forma de documentos, códices, pezas, esculturas, moedas, xoias...
Este vídeo, que forma parte da exposición, recolle as imaxes das pezas seleccionadas polo comisario, Antoni Rossell, e a súa localización. As fotografías son de Francisco Vila Barros.