© Consello da Cultura Galega, 2021

AFONSO X

A EXPOSICIÓN

CONVERSAS

PATRIMONIO MEDIEVAL

UNIVERSO MUSICAL

GALICIA: MÚSICA MEDIEVAL

E UNIVERSO SONORO

A presenza gráfica de instrumentos en manuscritos das Cantigas de Santa María, especialmente no Códice de los músicos, así como as diferentes fases do estudo organográfico e organolóxico levado a cabo en pórticos de igrexas galegas (catedral de Santiago de Compostela, igrexa de San Martiño de Noia…), converten este repertorio nun elemento idóneo para conectar o universo sonoro medieval coa cultura medieval e tradicional galega. Non chegou ata nós anotación ningunha de acompañamento musical; non obstante, sabemos que os trobadores e os xograres se acompañaban con instrumentos de corda con arco ou pulsada, como a viola ou o rebec, a mandora… Os teóricos medievais son pouco explícitos sobre os instrumentos e a súa utilización na música monódica, pero os escasos documentos con que contamos indican que era habitual cantar sen instrumentos, ou se tocaba o instrumento cando non se cantaba, e seguramente a melodía que se tocaba nos instrumentos era a mesma que o trobador ou xograr cantaba.

Escoita as pezas do CD Galicia e as Cantigas de Santa María de Antoni Rossell e G. Courtly Music Consort, editado polo Consello da Cultura Galega en 2006.

 

CD1
Santa Maria, Strela do dia - CMS 100 [7:54] 

 

Da que Deus mamou o leite do seu peito - CMS 77 [10:12] 

Mui gran razón é que sábia dereito - CMS 26 [13:22] 

Quena Virgen ben servirá a Parayso irá - CMS 103 [9:06] 

A Madre de Deus tant’á en ssi gran vertude - CMS 184 [8:53] 

Aquela en que Deus carne / prendeu e nos deu por lume - CMS 304 [6:04] 

Fuga Mundi de Afonso X: Non me posso pagar tanto [3:19] 

CD2 

Fremosos miragres mostra / a Madre da fremosura - CMS 352 [12:18] 

Nunca ja pod’aa Virgen / ome tal pesar fazer - CMS 104 [8:46] 

Por dereito ten a Virgen / a Sennor de lealdade - CMS 175 [7:40] 

Mui gran poder á a Madre de Deus - CMS 22 [9:15] 

Mas ss’ á end’ achar / quen quiser desonrrar Santa Maria - CMS 317 [9:24] 

Ave, maris Stella, De vergonna nos guardar punna todavia - CMS 94 [13:03] 

Damas, cabaleiros e cortesia na corte do rei (Antoni Rossell) [3:51] 

IMAXE: Cantigas de Santa María| ©Biblioteca do Escorial