 |
O neno e a estrela
Proxecto educativo que parte do conto anónimo dirixido ao público máis novo para desenvolver unha serie de propostas de dinamización lingüística en torno á ilustración, a escrita creativa e os contos. O libro véndese en papel e edítase baixo unha licenza Creative Commons.
Edita: Falaloba Edicións.
Descarga do conto
Dossier informativo
Nimbos de luz
Exposición itinerante que percorrerá Galicia ao longo do ano para dar a coñecer a vida e a obra de Díaz Castro.
Promove: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en colaboración con Galaxia / Merlín Comunicación
Ligazón
Lembranzas de Díaz Castro
Contacontos musicado en torno a vida e obra do tradutor e poeta Xosé María Díaz Castro para adultos, mocidade e nenos e nenas a partir dos 8 anos.
Organiza: Xandobela. Xestión e Dinamización Sociocultural
Ligazón
Díaz Castro nas redes sociais
Contas do Facebook e Twitter para seguir toda a actualidade do Ano Díaz Castro.
Lendo e soñando
Concurso dedicado a Xosé Díaz Castro e dirixido ao estudantado galego de primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos co gallo. Connsiste na elaboración dun poema audiovisual do homenaxeado.
Convoca: Fundación Barrié de la Maza.
Ligazón
Especial Díaz Castro da CRTVG
Novas e reportaxes sobre Díaz Castro en diferentes programas de radio e TV da CRTVG.
Ligazón
Festiletras 2014
Unha programación xigante para a creación e a cultura do país dende unha pequena aldea de Bergantiños.: O Couto – Ponteceso.
Organizan: AC Monte Branco, AC Inllar, Colectivo Con V de Valarés, Coral A Oliveira de Monte Branco e a Fundación Eduardo Pondal.
Ligazón
Marín medra entre poemas
A Alameda Rosalía de Castro desta vila do Morrazo acolle unha exposición de 40 carteis de grandes dimensións con poemas de autores/as galegos/as.
Organiza: EDLG do CEIP Sequelo
Ligazón
Os Vilares. Lareira de Soños.
Proxecto de posta en valor da riqueza histórica, paisaxística, patrimonial e persoal da parroquia natal de Díaz Castro.
Ligazón
Maio, mes da lingua

Programa de actividades co que o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra se suma aos actos conmemorativos do Día das Letras Galegas.
Ligazón
XXXV Certame Terra Chá de literatura e debuxo infantil, dedicado a Xosé María Díaz Castro

Convoca: A. C. Xermolos.
Ligazón
I Carreira Camiño das Letras

As Secretarías Xerais de Política Lingüística e Cultura organizan a primeira edición desta carreira que procura dinamizar a lingua galega no deporte. Celebrarase o domingo 18 de maio ás 10:30 horas
Ligazón
Maio 2014 n’A Nave de Vidán

Programación deste espazo cultural compostelán para celebrar o mes das letras.
Ligazón
A Festa das Letras Galegas 2014

Proposta da Deputación da Coruña e o Concello da Coruña para o público familiar.
Ligazón
Os Bolechas: 2º Concurso das Letras Galegas

Prazo: ata o 25 de maio.
Ligazón
Le, ve e celebra en galego

Propostas de GCTendencias para gozar das diferentes expresións culturais en Galicia o sábado 17 de maio, Día das Letras Galegas. Contacontos, teatro, exposicións, música, visitas guidas e máis...
Ligazón
Carballo. Festa da Lingua 2014

Ligazón
|
 |
 |
 |
|
|
 |
Arredor de Díaz Castro  |
 |
O asombro con Díaz Castro

Espectáculo de teatro de obxectos con música en directo realizado a partir de textos de Uxío Novoneyra e Díaz Castro. Para público adulto.
Montaxe: Fantoches Baj
Ligazón
Poesía visual en memoria de Díaz Castro
Proposta innovadora de poesía visual en memoria do poeta Díaz Castro. Os obradoiros están dirixidos á mocidade e nenos e nenas de 3 a 12 anos.
Imparte: Miren Mirari Urruzola Tolosa “Mirari” / Babaluva Títeres
Ligazón
Galego nas ondas
Certame de cuñas radiofónicas escolares para levar o galego ás ondas. Pode participar o alumnado da ESO concellos adscritos á Rede.
Convoca: Rede de Dinamización Lingüística
Ligazón
XX Certame de narración e debuxo infantil Letras Galegas 2014
A Biblioteca Público de Lugo organiza unha nova edición deste concurso para nenos/as e mozos/as de 8 a 16 anos. Ata o 9 de maio.
Convoca: Rede de Dinamización Lingüística
Ligazón ao pdf
Gala das letras
Acto de entrega dos Premios AELG 2014 no teatro Principal de Pontevedra o sábado 3 de maio.
Ligazón
Actos das letras galegas Allariz 2014
A Fundación Vicente Risco organiza diferentes actos co gallo do Día das Letras en Allariz.
Ligazón
En galego con todas as letras
Programa conmemorativo do Día das Letras Galegas en Santiago de Compostela organizado polo Departamento de Lingua Galega do Concello.
Ligazón
Letras galegas 2014

Actividades programadas pola A. C. Queremos Galego Marín en torno ao Día das Letras Galegas.
Exposición homenaxe a Díaz Castro

A Casa-Museo de Manuel María acolle unha mostra de materiais (fotografías, manuscritos, correspondencia persoal, etc.) que testemuñan a relación persoal e literaria entre Manuel María e Xosé Mª Díaz Castro.
Localización: Auditorio da Casa-Museo Manuel María (Outeiro de Rei, Rúa F, nº 2)
Horario: sábados (de 11 a 14 e de 16.30 a 18.30) e domingos (de 11 a 14 horas). Concértanse visitas no correo-e fundacion@manuelmaria.com e no teléfono 698 177 621.
Organiza: Fundación Manuel María de Estudos Galegos
Eu non canto por cantar
Gadis distribuirá nos seus supermercados 25.000 exemplares dun libro compilatorio inédito de cancións populares, de título "Eu non canto por cantar”, de Antón Santamarina e Manuel Rico. Ademais repartirá 2.000.000 de bolsas con versos do poema “Esmeralda” de Díaz Castro.
Ligazón
Semana das Letras: Díaz Castro e moito máis
Completa escolma de actos das Letras Galegas no dixital Praza Pública.
Ligazón
Feiraco
Feiraco organiza o III Concurso de Relatos Breves do Día das Letras Galegas. Pódese participar cun microrrelato orixinal de 500 caracteres con espazos como máximo. Un xurado elixirá os 3 relatos gañadores que levarán un lote de produtos Feiraco e unha chave USB da vaquiña de Feiraco. Entre todos os participantes sortearanse outras 15 chaves USB.
Ligazón
|
|