Esta é unha película inspirada na vida de Xosé María Díaz Castro e desenvolta nun obradoiro de literatura e audiovisual do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz, implicándose na súa produción toda a comunidade educativa do centro. Foi lanzada ó mundo o 17 de maio de 2014, cando no Día das Letras Galegas adicáronse ós versos no neno Pepe, o estudante do Vilariño.
SINOPSE
Unha casa de aldea e un feixe de papeis desencadenan esta historia na que Iago, un rapaz de doce anos, descubrirá cousas sobre o seu avó que non coñecía e que sen dúbida, lle axudarán a entendelo mellor, a el e ó seu tempo. Unha viaxe ó longo de case un século de vivencias nas que a poesía e a imaxinación cobran un especial protagonismo para recrear as emocións dun tempo pasado que recibe a mellor homenaxe de todas: ser recordado.
Telexornal Díaz Castro
Informativo que repasa a vida e a obra do autor. Foi emitido o xoves 10 de abril dende a Cidade da Cultura por alumnado do CPI Os Dices de Rois.
Realización: Luís Aldegunde - CPI Os Dices (Rois)
A beleza feriume para sempre. A obra de Xosé María Díaz Castro.
Documental sobre a vida e a obra do poeta homenaxeado.
Realización: Luís Aldegunde - CPI Os Dices (Rois)
A lus do mundo. Redescubrindo ao Poeta Díaz Castro
Un poeta nace ou faise? A resposta está neste documental no que os rapaces do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz redescobren ó seu poeta, Xosé María Díaz Castro.Máis información Descarga en alta calidade
Esa lus, unha canción para Díaz Castro
Unha melodía coñecida para uns versos por descubrir. Proposta do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz.
Teaser do documental sobre a vida e a obra de Xosé Mª Díaz Castro. Proxecto de Fin de Carreira de José Antonio Cascudo, Jessica Rey e Alba Dominguez.
Esmeralda
Animación do poema homónimo de Díaz Castro elaborada en Stop Motion.
Autores/as: Antolín Rey e María Bereijo Aneiros. Voces de Candela González Alves e Néstor Dopico Martínez de 1º A do CEIP San Xoán de Filgueira de Ferrol.
Penélope
Interpretación do poema a cargo de Mini e Mero, da Quenlla.
O léxico da súa vida (Palabras de Díaz Castro)
Vídeo do Portal das palabras que nos achega ás palabras clave na vida do poeta.
Esmeralda
Canción e partitura sobre o poema “Esmeralda”. A música é de Antonio Mandiá e os arranxos de Francisco Manteiga. Voz de Icía Díaz.
Autoría: ENDL do CPI Juan Fernández Latorre (A Coruña).
Penélope de Díaz Castro, Letras Galegas 2014 IES Bouza Brey (en debuxos)
O alumnado do IES Bouza Brey de Vilagarcía interpreta o texto musicado por Dimas Iglesias. Verónica Carballo, Natalia González, Berna Porto, Anxo Oubel, David Álvarez Caneda, Laura Jamardo, Ana Martínez, Joni Nogueira e Daniel Romero.
O alumnado do IES Bouza Brey de Vilagarcía interpreta o texto musicado por Dimas Iglesias. Verónica Carballo, Natalia González, Berna Porto, Anxo Oubel, David Álvarez Caneda, Laura Jamardo, Ana Martínez, Joni Nogueira e Daniel Romero.
Videopoemas
Traballos do concurso "Día das Letras Galegas" do EDLG do IES Xesús Ferro Couselo de Ourense.
Disco do grupo 2nafronteira que contén 15 poemas musicados de X. Mª. Díaz Castro. Dossier.
Audiovisual
7 poemas de Díaz Castro
Recitado de sete poemas de Nimbos a cargo de Darío Xohán Cabana, Alfonso Blanco, Mero Iglesias, Mini, Margarita Ledo Andión e Xaquín Campo Freire.
Karaoke Díaz Castro: “A noite é”
Os poemas de Díaz Castro musicados pola profesora de música do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz, Sandra Tenreiro, e interpretados polo alumnado do centro. Máis información
Documental sobre Xosé María Díaz Castro
No ano 1987 a produtora de vídeo Ophiusa acompaña a Díaz Castro polos lugares emblemáticos do seu proceso vital e creativo. Dirección de Xulio Diz.
Penélope
Curta de animación sobre o poema “Penélope” realizada polo Obradoiro de Plástica do IES As Barxas de Moaña. Animación de Paula Solla (1º Bacharelato)
O noso pequeno mundo
Breve curtametraxe de animación na que o poeta relata a súa vida e obra e que serve de base para o xogo do brincaletras.
Autoría: EDLG do CEIP García Barbón de Vigo
Con Díaz Castro
Tema orixinal composto para render homenaxe ao poeta. Autor: Paco Nogueiras Nodar
Zig Zag Diario
Monográfico sobre Díaz Castro deste programa da TVG. Emisión: 17-02-2014.
Disco de Marta Quintana que inclúe un total de 11 temas do poeta Xosé Mª Díaz Castro. As composicións musicais son de Marta Quintana e os arranxos de Cuchus Pimentel.