Informativo que repasa a vida e a obra do autor. Foi emitido o xoves 10 de abril dende a Cidade da Cultura por alumnado do CPI Os Dices de Rois.
Realización: Luís Aldegunde - CPI Os Dices (Rois)
A beleza feriume para sempre. A obra de Xosé María Díaz Castro
Documental sobre a vida e a obra do poeta homenaxeado.
Realización: Luís Aldegunde - CPI Os Dices (Rois)
A lus do mundo. Redescubrindo ao Poeta Díaz Castro
Proxecto multidiscilpinar do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz que partindo dun documental inclúe unha unidade didáctica e materiais diversos como unha Axenda Escolar, un karaoke, partituras musiacis, etc., todos eles disponibles para a descarga.
Guía didáctica, marcapáxinas e cartaces da exposición gañadora do concurso que sobre as Letras Galegas que organizou a SXPL para centros de Educación Primaria.
Guía didáctica, marcapáxinas e cartaces da exposición gañadora do concurso que sobre as Letras Galegas que organizou a SXPL para centros de Educación Secundaria.
A poesía galega entre 1936 e 1976 (presentación en Slideshare)
Panorámica xeral da poesía galega deste período para contextualizar a obra de Díaz Castro e outros autores. Inclúe algúns textos, arquivos de son, ligazóns de vídeo e actividades. Recoméndase a súa descarga para un bo aproveitamento da presentación.
Presentación en Issuu. Autoría: Biblioteca Escolar CEIP A Maía de Bertamiráns (Ames)
Díaz Castro en Lingua de Signos
Biografías do poeta de Guitiriz para o alumnado de Infantil e de cada un dos ciclos de Educación Primaria. Tamén se inclúe o poema “Penélope”.
Autoría: Grupo de investigación de lingua española e lingua de signos da Universidade de Vigo e Seminario Galán.
Vídeos publicados polo Portal das palabras que nos achega ás palabras clave na vida do poeta.
Esmeralda
Canción e partitura sobre o poema “Esmeralda”. A música é de Antonio Mandiá e os arranxos de Francisco Manteiga. Voz de Icía Díaz.
Autoría: ENDL do CPI Juan Fernández Latorre (A Coruña).
Actividades didácticas arredor dos vídeos do Portal das Palabrasdirixidas a alumnado de primaria e secundaria.
Autoría: Enrique Sánchez Rodríguez (educaBarrié), Patricia Galán Gómez (CEIP Ponte dos Brozos) e Pilar Ponte Patiño (IES da Pobra do Caramiñal). A fotografía correu a cargo de Ramón Vila Anca.
Exposición formada por 27 traducións de “Penélope”, de Díaz Castro, distribuídas en cinco paneis de A0. Cada unha das traducións vai acompañada de diferentes ilustracións inspiradas no texto e realizadas polo alumnado do IES Carlos Casares de Vigo e do IES Monte Carrasco de Cangas (http://aghaivota.blogspot.com.es/).
O poema foi traducido aos seguintes idiomas: portugués, castelán, catalán, éuscaro, asturianu, aranés, francés, inglés, alemán, oshiwambo, árabe, chinés (coa respectiva pronuncia), ruso, checo, grego clásico, latín, holandés, italiano, sueco, urdu, xaponés (coa respectiva pronuncia), polaco, búlgaro, quechua, romanés, suahili e mapuche (non incluído nos paneis pero si na versión dixital da páxina web).
Reubicando a Díaz Castro
Documental dirixido, guionizado e producido por Gonzalo Enríquez Veloso para a TVG.