|
Warning: Cannot modify header information - headers already sent by (output started at /var/www/html/consello/html/www/fondos_documentais/web/coordinadoraendl/M_Salas_CE/index.php:138) in /var/www/html/consello/html/www/fondos_documentais/web/coordinadoraendl/M_Salas_CE/obraut/obraut.htm on line 1
OBRAS de CELSO EMILIO FERREIRO e DOUTROS AUTORES
Poesía:
DATOS SOBRE OUTROS ESCRITORES
ROSALÍA DE CASTRO (1837-1885) A súa vida está moi relacionada coa localidade de Padrón. Unha das súas obras máis coñecidas é "Cantares Gallegos". A esta obra pertece o poema Adiós ríos, adiós fontes. Esta poetisa foi unha relevante escritora do Rexurdimento galego CURROS ENRÍQUEZ (1851-1908) Naceu en Celanova, localidade natal tamén de Celso Emilio Ferreiro. Outra gran figura do Rexurdimento galego. Autor de "Aires da miña terra". EDUARDO PONDAL (1835-1917) Outro escritor relevante do Rexurdimento galego. Autor, entre outras, da obra "Queixumes dos Pinos". Nesta obra se encontra o poema Os Pinos, letra do himno galego. CASTELAO (1886-1950) Naceu na localidade de Rianxo. Autor de "Cousas". ÁLVARO CUNQUEIRO (1911-1981) Entre outras obras, escribiu "Cantiga nova que se chama riveira", á que pertece o poema No niño novo do vento. MANUEL MARÍA (1929-2004) Autor da obra poética "Os soños na gaiola". Nesta obra se atopan os poemas O carro e Galicia. MARILAR ALEIXANDRE (1947-...) "A banda sen futuro" é unha das súas numerosas obras literarias. MANUEL RIVAS (1957- … ) "O lapis do carpinteiro" é unha das súas obras narrativas máis coñecidas.
|
Pequena homenaxe a celso emilio ferreiro no ano do seu centenario |