Achegámonos á poesía de Celso Emilio Ferreiro.

centenario 2012


Warning: Cannot modify header information - headers already sent by (output started at /var/www/html/consello/html/www/fondos_documentais/web/coordinadoraendl/M_Salas_CE/index.php:138) in /var/www/html/consello/html/www/fondos_documentais/web/coordinadoraendl/M_Salas_CE/adiosr/adiosr.htm on line 1
ADIÓS RÍOS ADIÓS FONTES

 



 

ADIÓS RÍOS ADIÓS FONTES

Adiós, ríos; adiós, fontes;
adiós, regatos pequenos;
adiós, vista dos meus ollos:
non sei cando nos veremos.
Miña terra, miña terra,
terra donde me eu criei,
hortiña que quero tanto,
figueiriñas que prantei;
prados, ríos, arboredas,
pinares que move o vento,
paxariños piadores,
casiña do meu contento;
muíño dos castañares,
noites craras de luar,
campaniñas trimbadoras,
da igrexiña do lugar;
amoriñas das silveiras
que eu lle daba ó meu amor,
camiñiños antre o millo,
¡adiós, para sempre adiós!
¡Adiós groria! ¡Adiós contento!
¡Deixo a casa onde nacín,
deixo a aldea que conozo
por un mundo que non vin!
¡Deixo amigos por estraños,
deixo a veiga polo mar,
deixo, en fin, canto ben quero...!
¡Quen pudera non deixar!...

 

 





 

Pequena homenaxe a celso emilio ferreiro no ano do seu centenario