Achegámonos á poesía de Celso Emilio Ferreiro.

centenario 2012


Warning: Cannot modify header information - headers already sent by (output started at /var/www/html/consello/html/www/fondos_documentais/web/coordinadoraendl/M_Salas_CE/index.php:138) in /var/www/html/consello/html/www/fondos_documentais/web/coordinadoraendl/M_Salas_CE/poemas/poemas.htm on line 1
O NENO PREGUNTABA e CANCIÓN
 

O NENO PREGUNTABA

¿
De que lugar iñoto vén o vento
e onde se vai o vento cando marcha?
¿Quen lle ensinou ao vento xeografí­a?
O neno preguntaba.
¿Dorme o vento no mar ou nas estrelas?
¿Dorme no val ou dorme na montaña?
¿Dorme no colo verde dos piñeiros?
O neno preguntaba.
¿Sabe que hai Dios o vento?
O neno preguntaba.
Ise vento que xoga cos meus rizos
¿será o anxo da garda?
¿Será o vento a voz dos que están mortos?
O neno preguntaba,
pero o vento
fuxía indiferente pola gándara.

 


 

 

CANCIÓN

O vento cantaba
unha lembranza .
O mozo cantaba
unha esperanza.
O neno cantaba
unha louvanza.
Pobo meu: pois que cantas,
érguete i anda.



 

Pequena homenaxe a celso emilio ferreiro no ano do seu centenario