Dia do patrimonio 2017
Bibliotecas, Arquivos e Museos de Galicia reunímonos para celebrar, o 16 de novembro, o Día do Patrimonio Mundial cunha oferta conxunta de contidos e actividades que poñen en valor o patrimonio cultural e colectivo de Galicia.
consello da cultura galega

Quen?

Arquivo da Real Academia Galega
Arquivo do Reino de Galicia
Arquivo Histórico provincial de Lugo
Arquivo Histórico Provincial de Ourense
Arquivo Intermedio Militar Noroeste
Arquivo Municipal de Ferrol
Consello da Cultura Galega
Ecomuseo de Arxeriz
Fundación Penzol
Fundación Vicente Risco
MDC_L Museo Diocesano Catedralicio de Lugo
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Museo das Peregrinacións e de Santiago
Universidade de Santiago de Compostela

Onde?

A Coruña
Allariz
Ferrol
Lugo
O Saviñao
Ourense
Pazo de Raxoi, 2º andar, 15702
Santiago de Compostela
Vigo

Cando?

Celebramos o Día do Patrimonio ao longo de toda a semana do 13 ao 17 de novembro de 2017, con actividades presenciais pero tamén na Internet.
Cando Que Quen
Do 13 ao 19 de novembro de 2017 A peza do ano
Divulgación do documento titulado "Estado detallado das fortificacións do distrito militar de Galicia no ano 1880" pertencente ao fondo documental da Capitanía Xeral de Galicia, como peza significativa da memoria de toda Galicia. Realizarase mediante a publicación da súa descripción, a súa transcrición e a súa dixitalización no sitio web, así como nas contas @ihycm e @publipatdef.
Máis información
Arquivo Intermedio Militar Noroeste

Localidade: Ferrol
Enderezo: Avenida do Rei, s/n, Ferrol, A Coruña
Tlfn. 981319009
Contacto: aimnor@mde.es
Do 13 ao 19 de novembro de 2017 Portas abertas ao patrimonio: charlas introdutorias sobre a Peza do ano
Exposición de media hora sobre o contido do documento "Estado detallado das fortificacións do distrito militar de Galicia no ano 1880" a cargo do Director do Arquivo, don Manuel García Rochela. Realizarase unha charla cada día as 11.30. A asistencia é gratuita para todo o público, e a inscrición realizarase presentándose 10 minutos antes do comezo da actividade no propio Arquivo.
Máis información
Arquivo Intermedio Militar Noroeste

Localidade: Ferrol
Enderezo: Sede do Archivo. Avenida do Rei s/n, Ferrol, A Coruña
Tlfn. 981319009
Contacto: aimnor@mde.es
Do 13 ao 19 de novembro de 2017 Portas abertas ao patrimonio: charlas introductorias ao traballo nos arquivos
Exposición de media hora sobre diferentes aspectos da profesión de arquiveiro (oposicións, arquivos militares, atención a investigadores, etc.) a cargo de dona María del Carmen Rial Quintela do Corpo Facultativo de Arquiveiros do Estado. Realizarase unha charla cada día ás 12.00. A asistencia é gratuita para todo o público, e a inscrición realizarase presentándose 10 minutos antes do comezo da actividade no propio Arquivo.
Máis información
Arquivo Intermedio Militar Noroeste

Localidade: Ferrol
Enderezo: Sede do Arquivo. Avenida do Rei s/n, Ferrol, A Coruña
Tlfn. 981319009
Contacto: aimnor@mde,es
Xoves, 16 de novembro de 2017 Os deseños de Claudio Varela para o decorado de O incerto señor don Hamlet
Publicamos na rede os deseños que Claudio Varela realizou para o atrezzo a primeira representación de O incerto señor don Hamlet, unha das obras teatrais máis importantes de Álvaro Cunqueiro.
Máis información
Arquivo da Real Academia Galega

Localidade: A Coruña
Enderezo: Páxina web da Real Academia Galega
Tlfn. 981207308
Contacto: arquivo@academia.gal
Xoves, 16 de novembro de 2017 Xornada de portas abertas
Xornada de portas abertas no Arquivo Histórico Provincial de Ourense para coñecer o patrimonio documental que custodia.
Máis información
Arquivo Histórico Provincial de Ourense

Localidade: Ourense
Enderezo: Sede do AHPOu
Tlfn. 988788228
Contacto: arq.prov.ourense@xunta.es
Xoves, 16 de novembro de 2017 A Biblioteca América e Gumersindo Busto: Patrimonio cultural e patrimonio humano da Universidade de Santiago de Compostela
Tomando como referencia unha carta mecanografiada de 1925 do creador da Biblioteca América, Gumersindo Busto, refírese a importancia como patrimonio cultural desta Biblioteca e o exemplo como patrimonio humano deste emigrante compostelano, para a Universidade de Santiago de Compostela
Máis información
Universidade de Santiago de Compostela

Localidade: Santiago de Compostela
Enderezo: Biblioteca Xeral - Universidade de Santiago de Compostela
Tlfn. 881811125
Contacto: franciscojavier.villar@usc.es
Dende o 02/11/17 ao 31/01/18 Visitas guiadas ao arquivo histórico provincial de Lugo
Visitas guiadas ao arquivo e á exposición Por feiras e mercados. Ver, mercar, vender...
Máis información
Arquivo histórico provincial de Lugo

Localidade: Lugo
Enderezo: arquivo histórico provincial de Lugo
Tlfn. 982828318
Contacto: ahp.lugo.informacion@xunta.es
Dende o 6 de novembro de 2017 Documentos de Vicente Risco: Manuscritos.
Divulgación na web e facebook de Documentos Vicente Risco: Manuscritos. Principiamos a actividade con Nós, os inadaptados para disponibilizar o acceso á documentación dixitalizada.
Máis información
Fundación Vicente Risco

Localidade: Allariz
Enderezo: Fundación Vicente Risco
Tlfn. 626002019
Contacto: secretaria@fundacionvicenterisco.com
Do 13 ao 19 de novembro de 2017 A Peza do Ano: os Caracochos ou Dornos
Durante a semana do 13 ao 17 de novembro presentamos a peza do ano no Ecomuseo de Arxeriz, os Caracochos ou Dornos. Farémola pública con fotografías, e con información sobre a súa procedencia, elaboración, materiais, uso...
Máis información
Ecomuseo de Arxeriz

Localidade: O Saviñao
Enderezo: En liña, nas redes sociais e blog do Ecomuseo de Arxeriz
Tlfn. 692941667
Contacto: ecomuseodearxeriz@gmail.com
Do 13 ao 19 de novembro de 2017 Portas abertas ao Arquivo
Visitas guiadas ao longo de toda a xornada, no horario habitual do Arquivo de 9 a 14 horas, para todos os cidadáns interesados en coñecer o Arquivo Municipal de Ferrol. A actividade constará dunha breve introducción sobre que é o Arquivo Municipal e a súa historia, a exposición de documentos significativos conservados no Arquivo e a visita a unha parte das instalacións.
Máis información
Arquivo Municipal de Ferrol

Localidade: Ferrol
Enderezo: Arquivo Municipal de Ferrol. Concello de Ferrol. Praza de Armas, s/n. 2º andar
Tlfn. 981944185
Contacto: arquivo@ferrol.es
Luns, 13 de novembro de 2017 Xustiza e patrimonio: o caso do Marqués de Valladares
Tomando como punto de partida o caso do asasinato a mediados do século XVIII do Marqués de Valladares, planificouse a difusión sucesiva ao longo da Semana do Patrimonio de diversos documentos de carácter bibliográfico e arquivístico (textuais, gráficos e audiovisuais) pertencentes aos fondos e coleccións do Arquivo do Reino de Galicia. Tratarase así de dar unha visión integrada do patrimonio documental e bibliográfico, suxerir diversas aproximacións ao tema e destacar as múltiples facetas que presentan os bens culturais. O primeiro documento que se publicará e documentará será: HERBELLA DE PUGA, Bernardo. Memorial ajustado de la Causa pendiente en la Sala de Crimen de la Real Audiencia del Reino de Galicia sobre la violenta muerte de Don Benito Alonso Enríquez, padre del Marqués de Valladares ... contra D. Xavier Enríquez, Marqués de Valladares, Silvestre Bernárdez y otros presos / hecho por Don Bernardo Herbella de Puga. Santiago: [S.n.] (Ignacio Aguayo i Aldemunde), 1764. En días sucesivos, publicaranse outros documentos. O proceso terá o seu punto culminante o día 16 coa publicación dunha exposición virtual no sitio web do Arquivo do Reino de Galicia.
Máis información
Arquivo do Reino de Galicia

Localidade: A Coruña
Enderezo:
Tlfn. 881960360
Contacto: arq.reino.galicia@xunta.gal
Do 13 ao 17 de novembro A Banda Municipal de Barcelona interpreta o Himno Galego (1919)
Co gallo do Día do Patrimonio Mundial, o Consello da Cultura Galega presenta un valioso documento sonoro de 1919: unha versión do Himno Galego interpretado pola Banda Municipal de Barcelona. O disco de lousa orixinal está depositado no Arquivo Sonoro de Galicia. Podes escoitar esta versión dixitalizada e saber máis na seguinte ligazón.
Máis información
Consello da Cultura Galega

Localidade: Pazo de Raxoi, 2º andar, 15702
Enderezo: Santiago de Compostela
Tlfn. 981957202
Contacto:
Martes, 14 de novembro de 2017 Xustiza e patrimonio: o caso do Marqués de Valladares (2)
Presentaremos a través da conta de Facebook do Arquivo outro impreso relacionado coa causa, custodiado na biblioteca auxiliar do ARG, así como diversas fotografías e postais do Castelo de Santo Antón, o lugar onde morreron, tras varios anos de prisión, a muller e un dos fillos do Marqués. O impreso ao que nos referimos é: Defensa de la Inocencia, repulsa de la calumnia, manifestación de la verdad : Alegación por D.Xavier Henriquez Sarmiento de Valladares ... en la causa sobre la muerte violenta dada alevosamente a D. Benito Alonso Henriquez Sarmiento de Valladares / escribiola Vicente Alvarez de Neira. En Santiago : Ignacio Aguayo i Aldemunde, [1765?]. 2 f., 469 p., 5 f. 31 cm.
Máis información
Arquivo do Reino de Galicia

Localidade: A Coruña
Enderezo: Arquivo do Reino de Galicia (A Coruña)
Tlfn. 881960360
Contacto: arq.reino.galicia@xunta.gal
Mércores, 15 de novembro de 2017 Xustiza e patrimonio: o caso do Marqués de Valladares (3)
Difundiremos a través da nosa conta de Facebook un expediente de grande interese relacionado coa fuga do Cárcere Real da Coruña dalgúns dos implicados no crime: Expediente formado en virtude do Despacho de Pedro de la Puente, subdelegado de penas de cámara e gastos de xustiza da Real Intendencia de Galicia, para que se proceda ó cobro dos gastos de xustiza en todas as provincias de Galicia. Anos 1766-1767. Sig. 46555-3. Contén o Expediente formado para o cobro dos gastos ocasionados por Silvestre Bernárdez, a súa muller, Bentura Álvarez, e a súa filla, presos no cárcere da Coruña durante 9 anos, pola morte do marqués de Valladares, así como dos desperfectos causados no cárcere pola fuga deste. Ademais, difundirase outro impreso da biblioteca auxiliar do Arquivo: Histórico-Legal : informe sobre la violenta y alevosa muerte dada a Don Benito Alonso Henriquez Marques de Valladares. Santiago : Ignacio Aguayo i Aldemunde, 1766. 1 f., 263 f.
Máis información
Arquivo do Reino de Galicia

Localidade: A Coruña
Enderezo: Arquivo do Reino de Galicia (A Coruña)
Tlfn. 881960360
Contacto: arq.reino.galicia@xunta.gal
Mércores 15 ás 18 horas e xoves 16 ás 11 horas Xornada de Portas Abertas
Xornadas de portas abertas con visitas guiadas a cargo do persoal técnico do Arquivo.
Máis información
Arquivo do Reino de Galicia

Localidade: A Coruña
Enderezo: Arquivo do Reino de Galicia
Tlfn. 881960360
Contacto: arq.reino.galicia@xunta.gal
Difusión en Facebook Peza do ano: Autocaricaturas de Castelao
Dar a coñecer estes debuxos de Castelao da súa primeira época polo seu interese e a trascendencia da figura do autor como símbolo identitario de Galicia.
Máis información
Fundación Penzol

Localidade: Vigo
Enderezo: Fundación Penzol
Praza da Princesa, 2

Tlfn. 618826513
Contacto: fundacion.penzol@vigo.org
Xoves, 16 de novembro de 2017 Xornada de Portas Abertas
Xornada de Portas Abertas no Ecomuseo de Arxeriz para que tódalas persoas que visiten o museo nese día poidan acceder ás nosas instalacións e desfrutar das visitas guiadas de balde.
Máis información
Ecomuseo de Arxeriz

Localidade: O Saviñao
Enderezo: Ecomuseo de Arxeriz
Tlfn. 692941667
Contacto: ecomuseodearxeriz@gmail.com
Xoves, 16 de novembro de 2017 Sedente de Pedrafita
O Sedente de Pedrafita é unha peza fundamental da plástica castrexa e unha das máis importantes dentro das coleccións do Museo. O director e unha técnica presentarán esta peza ó público explicando tamén a súa forma de ingreso e cómo a sociedade civil participou na recuperación, e ingreso no Museo, dun importante ben do noso patrimonio cultural.
Máis información
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense

Localidade: Ourense
Enderezo: Escolma de escultura Sala de exposicións de San Francisco (Ourense)
Tlfn. 988788439
Contacto: mapour@xunta.gal
Xoves, 16 de novembro de 2017 Xornada de portas abertas
A Xornada de portas abertas supon a entrada gratuita para todo o público que ao longo do día 16 de novembro visite o museo.
Máis información
Museo das Peregrinacións e de Santiago

Localidade: Santiago de Compostela
Enderezo: Museo das Peregrinacións e de Santiago
Tlfn. 881861315
Contacto: difusion.mdperegrinacions@xunta.es
Xoves, 16 de novembro de 2017 O patrimonio do Museo das Peregrinacións e de Santiago na rede
Difusión dun ben cultural de recente ingreso no Museo a través da web do centro
Máis información
Museo das Peregrinacións e de Santiago

Localidade: Santiago de Compostela
Enderezo: Museo das Peregrinacións e de Santiago
Tlfn. 881867315
Contacto: difusion.mdperegrinacions@xunta.es
Xoves, 16 de novembro de 2017 Un museo en crecemento
O día 16 de novembro instalarase, nunha sala do museo, un conxunto de dúas pezas de recente incorporación aos fondos do MDPS e durante toda a mañá o equipo técnico explicará os aspectos máis destacados do conxunto a todo o público que se achegue ese día a visitar o centro.
Máis información
Museo das Peregrinacións e de Santiago

Localidade: Santiago de Compostela
Enderezo: Museo das Peregrinacións e de Santiago
Tlfn. 881867315
Contacto: difusion.mdperegrinacions@xunta.es
Xoves, 16 de novembro de 2017 Gozando do Patrimonio!
Día de portas abertas e entrada de balde no Museo Diocesano Catedralicio de Lugo (MDC_L)
Máis información
MDC_L Museo Diocesano Catedralicio de Lugo

Localidade: Lugo
Enderezo: MDC_L Museo Diocesano Catedralicio de Lugo. Catedral de Lugo, Prz. Pio XII s/n, 27001 Lugo
Tlfn. 982808569
Contacto: info@mdclugo.gal
Xoves, 16 de novembro de 2017 Unha viaxe ilustrada polo Museo Diocesano Catedralicio de Lugo
Englobada no Día do Patrimonio, e tamén de balde, o MDC_L ofrecerá ás 12 h. e 17 h. unha visita guiada á súa exposición permanente a cargo da Dirección Técnica
Máis información
MDC_L Museo Diocesano Catedralicio de Lugo

Localidade: Lugo
Enderezo: MDC_L Museo Diocesano Catedralicio de Lugo. Catedral de Lugo, Prz. Pio XII s/n, 27001 Lugo
Tlfn. 982808569
Contacto: info@mdclugo.gal
Xoves, 16 de novembro de 2017 Dos documentos do noso arquivo aos libros de historia e os xornais
Publicación en Facebook de noticias sobre partidas carlistas na provincia de Lugo existentes en documentos de arquivo e na prensa
Máis información
Arquivo Histórico provincial de Lugo

Localidade: Lugo
Enderezo: Arquivo Histórico Provincial de Lugo
Tlfn. 982828318
Contacto: ahp.lugo.informacion@xunta.es
Xoves, 16 de novembro de 2017 Xustiza e Patrimonio: o caso do Marqués de Valladares (4)
Destacaremos este día, por ser o Día do Patrimonio, coa difusión dun plano manuscrito do Cárcere Real da Coruña, onde estiveron presos parte dos reos da causa (e onde algún deles foi axustizado) e do expediente ao que pertence: Plano y perfiles de la cárcel que deve construirse en esta plaza / Antonio de Gaver. - Escala: [ca. 1 : 111]40 varas [=30 cm].- A Coruña, 24 de marzo de 1764. - 7 planos nunha foll. : ms., tinta e augada, col. 51 x 124 cm. Sign. RA. 18 , en: Real Audiencia de Galicia. Preito de FRANCISCO ANTONIO ZALAETA, MAESTRO ARQUITECTO, CON EL FISCAL DE SU MAJESTAD, SOBRE PAGO POR LA FÁBRICA DE LA CÁRCEL DE ESTA CIUDAD DE LA CORUÑA. 1766. Sign. 23.765/65. Difundiremos o plano e o expediente na conta de Facebook do Arquivo e presentaremos unha exposición virtual na páxina web do Arquivo que reunirá todos os documentos que sobre o tema exporemos durante a semana.
Máis información
Arquivo do Reino de Galicia

Localidade: A Coruña
Enderezo: Arquivo do Reino de Galicia (A Coruña)
Tlfn. 881960360
Contacto: arq.reino.galicia@xunta.gal
Venres, 17 de novembro de 2017 Xustiza e patrimonio: o caso do Marqués de Valladares (5)
Para rematar a Semana do Patrimonio, difundiremos a través da conta de Facebook e da páxina web algúns expedientes de condución de presos nos séculos XVIII e XIX cos que conta o Arquivo. Expedientes que teñen relación directa co tema que se desenvolve ao longo de toda a semana: Real Audiencia de Galicia. Expedientes de condución de presos a presidios maiores. 1778/1781, e Real Intendencia de Galicia. Expediente de condución de presos a presidios maiores. 1825/1829. Sign. 46.562-1.
Máis información
Arquivo do Reino de Galicia

Localidade: A Coruña
Enderezo: Arquivo do Reino de Galicia
Tlfn. 881960360
Contacto: arq.reino.galicia@xunta.gal

Este 16 de novembro poderás viaxar no tempo

Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa la politica de cookies, aqui Se continuas navegando estaras aceptandoa
Politica de cookies +