COMISIÓN EXECUTIVA

É un dos órganos de goberno do Consello da Cultura Galega. Ten un máximo de sete compoñentes, entre os que está o/a presidente, o/a vicepresidente ou vicepresidentes/as, o/a secretario do Consello —que tamén o será da Comisión— e os membros que para tal efecto elixa o Pleno por proposta do presidente.
Dolores Vilavedra
Presidencia (2026 - )

Catedrática de Literatura Galega da Universidade de Santiago de Compostela.

Alejo Amoedo Portela
Vogalía (2025 - )

Pianista especializado no repertorio de compositores galegos, realiza estudos de acompañamento vocal en Madrid co pianista Miguel Zanetti.

Paula Cabaleiro Comesaña
Vogalía (2026 - )

Licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo, conta cun Máster en Arte, Museoloxía e Crítica Contemporáneas da Universidade de Santiago de Compostela e o Centro Galego de Arte Contemporánea, así como con outro en Educación da Universidade de Vigo.