Domingo Fontán é unha das figuras máis representativas da cultura galega. Puxo a Galicia no mapa coa elaboración da súa "Carta geométrica", o primeiro mapa realizado con rigor científico. Levoulle 17 anos facela e foi un documento fundamental para o trazado das infraestruturas de acceso a Galicia. Hoxe cúmprense 232 anos do seu nacemento e podes saber máis del neste especial que inclúe vídeos, publicacións e podes descargar as láminas coas que ir compoñendo a súa carta.
Álbum de Galicia.Domingo Fontán.
O home que puxo a Galicia no mapa.
Álbum da ciencia.30 nomes e as súas achegas.
Esta publicación presenta unha selección de 30 nomes que salientaron pola súa relevancia, orixinalidade ou representatividade no eido da ciencia galega. A edición mostra unha versión divulgativa das súas biografías, elaborada a partir dos textos publicados no proxecto.
