O ámbito atlántico representa unha das áreas estratéxicas da cultura galega, pero tamén un espazo histórico de encontro e interacción cultural entre Galicia e as outras ribeiras do Atlántico europeo desde a Prehistoria, así como unha referencia fundamental da identidade galega moderna desde o século XIX. Ademais, permítenos poñer en valor a cultura marítica galega. As accións do Consello da Cultura Galega están orientadas á elaboración de proxectos e encontros con axentes culturais de países culturalmente próximos como a Bretaña continental ou Irlanda.

