Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CCG)
Cidade da Cultura de Galicia
Biblioteca de Galicia, 1º andar
Monte Gaiás, s/n
15707 Santiago de Compostela
cdsg@consellodacultura.gal
Tel: +34 881 995 146 | +34 881 995 142
De Bolina

Bolinar:
Navegar aproveitando ao máximo a dirección do vento

Ofrecémosche unha selección de referencia con recursos e información relacionada coa planificación e normalización das linguas minorizadas. Cada semana recomendámosche unha nova viaxe.

LINGUA E SOCIEDADE
  • A lingua no sector editorial
    Datos de edición e hábitos de lectura nas diferentes linguas oficiais do Estado, ofrecidos pola Federación de Gremios de Editores de España
  • A memoria da lingua
    Documental que nos achega á memoria histórica da lingua galega a través de vinte entrevistas a persoas de diferente idade e condición social
  • A Xanela
    Documental, autoría de Daria Shornikova, que recolle as historias, palabras e sentimentos en relación ao idioma galego que atopou en Galicia
  • Análise sociolingüística da UDC
    Datos sobre coñecemento, usos e actitudes lingüísticas na Universidade da Coruña
  • Datos de coñecemento e uso do galego ( Censo de poboación 2011)
    Datos sociolingüísticos sobre competencia e uso do galego elaborados polo Instituto Galego de Estatística a partir do Censo de poboación e vivendas dos anos 2001 e 2011
  • Datos de coñecemento e uso do galego (IGE 2023)
    Datos sociolingüísticos sobre competencia e uso do galego elaborados polo Instituto Galego de Estatística a partir da Enquisa estrutural a fogares dos anos 2003, 2008, 2013, 2018 e 2023.
  • Dicionarios de ida e volta
    Colección de 6 pezas audiovisuais nas que 6 persoas que chegaron a Galicia procedentes de diferentes países nos falan do proceso migratorio e do poder integrador da lingua galega nas súas vidas.
  • EuFalo.TV
    Documental colaborativo sobre a lingua galega e os seus falantes
  • Fronteiras
    Documental, dirixido por Rubén Pardiñas, no que se reflexiona sobre as lindes xeográficas e culturais de Galicia, así como sobre a situación sociolingüística do “galego estremeiro”
  • Galicia para neofalantes
    Serie de 7 podcasts emitidos na Radio Galega nos que Pilar Ponte difunde contidos sociolingüísticos dirixidos aos neofalantes.
  • Guía didáctica "Lingua e sociedade"
    Guía para achegarlle á comunidade educativa contidos didácticos, de carácter teórico e práctico, relacionados co ámbito da sociolingüística.
  • Irmandades da Fala
    Álbum con información biográfica e bibliográfica sobre os membros das Irmandades da Fala.
  • Lingua de reis, lingua do pobo
    Capítulo da serie Historias de Galicia dedicado á historia da lingua galega, emitido na TVG en decembro de 2007
  • Linguas cruzadas
    Documental sobre a situación da lingua galega entre a xente nova
  • Mapa sociolingüístico de Galicia 2004
    Estudo sociolingüístico elaborado pola Real Academia Galega que achega os datos sobre actitudes, competencia e usos lingüísticos en Galicia, obtidos a partir dunha mostra de mais de 9 000 enquisas realizadas en 2004
  • Modelo Burela
    Documental, elaborado polo IES Perdouro e mais o Concello de Burela, que amosa o traballo de dinamización lingüística desenvolvido entre a poboación burelá
  • Neofalantes.gal
    Portal con información e documentación de interese para a comunidade de neofalantes de galego.
  • O galego na docencia da USC
    Páxina con datos sociolingüísticos sobre o uso do galego no ámbito docente da Universidade de Santiago de Compostela
  • Observatorio da Cultura Galega - Lingua
    Sección do web do Observatorio da Cultura Galega con datos estatísticos sobre coñecemento e uso do galego
  • Observatorio da Lingua Galega
    Web que achega análises sociolingüísticas, con información cuantitativa e cualitativa, sobre a presenza do galego nos diferentes ámbitos sociais
  • Plan de normalización da lingua galega
    Documento, aprobado polo Parlamento de Galicia en setembro de 2004, que recolle 445 medidas destinadas a normalizar o uso da lingua galega nos diferentes ámbitos sociais
  • Sotaques: galegos que soan diferente
    Serie audiovisual na que diferentes persoas estranxeiras contan as súas razóns para falar galego.

Consello da Cultura Galega en Facebook Consello da Cultura en Twitter

Identidade | Perfil do contratante | Lei de Transparencia | Aviso Legal | | Pazo de Raxoi, 2º andar - 15705 Santiago de Compostela - A Coruña. Teléfono: +34 981957202 Fax: +34 981957205