APRENDIZAXE DA LINGUA
- #DígochoEu
Microespazo emitido na TVG para fomentar o uso do galego e mellorar a súa calidade.
- Aprender galego
Sección do web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) con información sobre cursos de galego, presencias e en liña, así como sobre materiais didácticos para a autoaprendizaxe.
- Aprendo galego en liña
Sección do web Ogalego.eu con contidos teóricos e exercicios prácticos relacionados coa materia de lingua e literatura galegas, dirixidos ao alumnado de ESO e Bacharelato.
- As chaves da lingua
Páxina web de Noemí García, profesora de Lingua Galega e Literatura, con información e recursos didácticos de utilidade para as persoas que queren aprender galego.
- Aula de lingua e cultura galegas 2021
Sesións do curso de lingua galega organizado en 2021 pola Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia, dirixido a persoas de fóra de Galicia e á comunidade galega no exterior.
- Aula de lingua e cultura galegas 2024
Sesións do curso de lingua galega organizado en 2024 pola Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia, dirixido a persoas de fóra de Galicia e á comunidade galega no exterior.
- Ben Falado!
Microespazo diario de 5 minutos de duración dedicado á lingua galega emitido na TVG durante o período xullo 2008-abril 2011
- Curso de galego - La Voz de Galicia
Curso en liña deseñado para adquirir as competencias lingüísticas necesarias para superar as probas do Celga 3.
- Curso de introdución á lingua e á cultura galegas
Manual, editado pola Secretaría Xeral da Lingua, dirixido a persoas que queren achegarse ao idioma galego e non teñen coñecementos previos, ou teñen coñecementos moi básicos.
- Curso de lingua: mellor uso, máis calidade
Curso de lingua galega, estruturado en 15 leccións, publicado en Nós Diario en maio de 2020.
- Curso medio de linguaxe administrativa galega
Curso en liña, promovido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística en colaboración coa Escola Galega de Administración Pública, deseñado para facilitarlle ao funcionariado a formación lingüística necesaria para desenvolver o seu traballo en galego. Cómpre rexistro previo na plataforma de teleformación.
- Curso medio de linguaxe xurídica galega
Curso en liña, promovido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística en colaboración coa Escola Galega de Administración Pública, deseñado para facilitarlle ao funcionariado a formación lingüística necesaria para desenvolver o seu traballo en galego. Cómpre rexistro previo na plataforma de teleformación.
- Curso superior de linguaxe administrativa galega
Curso en liña, promovido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística en colaboración coa Escola Galega de Administración Pública, deseñado para facilitarlle ao funcionariado a formación lingüística necesaria para desenvolver o seu traballo en galego. Cómpre rexistro previo na plataforma de teleformación.
- Curso superior de linguaxe xurídica galega
Curso en liña, promovido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística en colaboración coa Escola Galega de Administración Pública, deseñado para facilitarlle ao funcionariado a formación lingüística necesaria para desenvolver o seu traballo en galego. Cómpre rexistro previo na plataforma de teleformación.
- Cursos Celga na modalidade de autoaprendizaxe
Versión en liña dos cursos Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4 para realizar na modalidade de autoaprendizaxe. Cómpre rexistro previo na plataforma de teleformación.
- Falamos!
Guía de acompañamento lingüístico destinada á aprendizaxe do galego a través da conversa.
- Habilidades comunicativas en galego para o mundo laboral
Manuais deseñados para o módulo formativo transversal que se oferta dentro dos cursos de formación profesional ocupacional.
- Isto é galego
Curso de galego en liña emitido
en Cuac FM
- Proxecto Artello
Manuais de aprendizaxe da lingua galega deseñados para traballar aspectos relacionados coa ortografía e o léxico
- Un mundo de palabras
Programa de difusión lingüística emitido na Radio Galega durante os meses de xullo e agosto de 2006