PUBLICACIóNS PERIóDICAS
- A letra miúda
Revista de sociolingüística para o ensino, pechada en 2015, editada pola Coordinadora Galega de Equipos de Dinamización e Normalización Lingüística.
- Cadernos de Lingua
Publicación periódica da Real Academia Galega que recolle artigos de investigación sobre diferentes aspectos da lingua galega
- Comparative Romance Linguistics Newsletter
Publicación que facilita a consulta en liña de compilacións bibliográficas, clasificadas por lingua e ano, dos estudos lingüísticos e filolóxicos existentes sobre as diferentes linguas románicas
- Cumieira das Letras
Publicación periódica de periodicidade anual, editada polo Departamento de Filoloxía Galega e Latina da UVigo, que inclúe traballos científicos en galego sobre lingua, literatura e cultura galegas.
- Cumieira. Cadernos de investigación da nova Filoloxía Galega
Publicación editada polo Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo, que ten por obxectivo dar a coñecer traballos dos novos investigadores no ámbito da Filoloxía Galega.
- Current Issues In Language and Society
Publicación periódica, pechada desde o ano 2000, con contidos de sociolingüística accesibles en liña
- Current Issues in Language Planning
Publicación periódica con contidos de planificación lingüística accesibles en liña
- Diverscité Langues
Publicación periódica en liña editada pola Universidade de Québec e pechada en 2005, que contén artigos e estudos sobre a relación dos fenómenos lingüísticos e os fenómenos socioculturais.
- Estudios de Sociolingüística
Publicación da Universidade de Vigo, editada entre os anos 2000 e 2006, que recolle artigos especializados sobre o ámbito da sociolingüística ou doutras disciplinas afíns.
- Estudos de Lingüística Galega
Revista anual, editada polo Instituto da Lingua Galega (USC), de análise crítica e difusión da investigación lingüística xerada sobre o idioma galego
- Evaluation and Research in Education
Publicación periódica, pechada en 2011, con contidos metodolóxicos e teóricos relacionados co ámbito educativo accesibles en liña
- Grial
Revista de carácter cultural, que inclúe contidos de sociolingüística. Acceso en liña, en formato PDF, aos 200 primeiros números.
- Ianua
Revista electrónica editada polo Instituto de Estudios Románicos Romania Minor, que ten como obxectivo difundir traballos de investigación nos ámbitos da filoloxía e a lingüística das linguas románicas. O último numero data de 2008.
- International Journal of Bilingual Education and Bilingualism
Publicación periódica con contidos relacionados coa educación bilingüe e o bilingüismo, accesibles en liña
- Journal of Multilingual and Multicultural Development
Publicación periódica con contidos relacionados co multilingüismo accesibles en liña
- Langage & société
Publicación periódica, editada pola Fondation Maison des Sciences de l'Homme, con contidos de sociolingüística. Os artigos publicados con anterioridade ao ano 2004 están accesibles en liña
- Language & Intercultural Communication
Publicación periódica con contidos relacionados coa dimensión intercultural das linguas accesibles en liña
- Language and Education
Publicación periódica con contidos relacionados coa didáctica e a adquisición das linguas accesibles en liña
- Language Awareness
Publicación periódica con contidos relacionados coa adquisición de linguas e a consciencia lingüística, accesibles en liña
- Language Culture and Curriculum
Publicación periódica con contidos relacionados coa multiculturalidade e o ensino de linguas accesibles en liña
- Languages
Publicación periódica en liña, de libre acceso, dedicada aos estudos interdisciplinarios de linguas.
- Llengua i ús
Publicación cuadrimestral da Secretaria de Política Lingüística da Generalitat de Catalunya
- Llengua, societat i comunicació
Revista de sociolingüística da Universitat de Barcelona.
- LongaLingua
Revista dixital, editada pola Mesa pola Normalización Lingüística e a Fundación Vía Galego, con análises sobre a situación da lingua galega en diferentes ámbitos
- O Cartafol Dixital
Publicación do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago e voceiro desta universidade en materia de normalización lingüística
- Revista de Llengua i Dret
Publicación semestral en liña que contén estudos académicos sobre linguaxe administrativa e xurídica, dereito lingüístico e planificación lingüística.
- Revista Galega de Educación
Publicación pedagóxica, en lingua galega, dirixida ao profesorado e, en xeral, aos educadores/as e técnicos/as da educación en Galicia.
- Sociolinguistic Studies
Publicación periódica de carácter académico con contidos relacionados co ámbito da sociolingüística, nomeadamente do ámbito das linguas románicas
- Verba. Anuario Galego de Filoloxía
Revista creada en 1974 para difundir os estudos filolóxicos realizados en Galicia, dándolle unha atención preferente á lingua galega.