LUDOTECA DA LINGUA
- Agasallo
Guía cunha selección de propostas para poder agasallar este Nadal produtos en galego
- Atopando Compostela
Xogo para coñecer a toponimia de Santiago.
- Canta cos axóuxeres
Sección do web da Secretaría Xeral de Política Lingüística que permite descargar algunhas pezas musicais para que pequenos e maiores canten xuntos en galego
- Dálle á lingua!
Xogo de cartas con instrucións para superar unha serie de probas onde a lingua galega é a protagonista.
- En Xogo
Páxina que dá acceso aos xogos en liña da AS-PG: Trivial.gz, Catapalabras, Letrad@s.gz e A Curuxa
- Infantil CRTVG
Páxina web con recursos lúdicos e didácticos relacionados coa programación infantil da CRTVG
- O Mester
Videoxogo baseado nas ilustracións das Cantigas de Santa María.
- Os Bolechas
Sitio web con recursos lúdicos e didácticos relacionados coa serie de literatura infantil galega Os Bolechas
- Pensatermos
Xogo lingüístico, promovido pola Mesa pola Normalización Lingüística, que
consiste en formar palabras a través de sete letras, sendo unha delas de uso obrigatorio.
- Pipocas
Catálogo web de filmes e series dobradas ou subtituladas ao galego
- Repositorio dixital de tempo libre en galego
Repositorio de materiais e propostas específicas de lingua, mocidade e tempo libre dirixidas especialmente ao monitorado dos campamentos
- Wordle Galego
Xogo para adiviñar a palabra oculta de cinco letras en só seis intentos. Cada día terás un novo reto.
- Xela e Gianni
Versión en formato sonoro, na voz de Charo Pita, dos Contos ao teléfono de Gianni Rodari, preservando a tradución orixinal ao galego de Xela e Valentín Arias.
- Xogos "No meu mar / toponimia"
Xogos didácticos sobre léxico mariñeiro e sobre toponimia elaborados polo EDLG do IES Félix Muriel
- Xogos tradicionais galegos
Colección de xogos tradicionais galegos que permiten traballar diferentes habilidades, destrezas e coñecementos fundamentais, entre eles, os lingüísticos.