INICIATIVAS
- #galegoempresas
Plataforma que permite localizar negocios que achegan os seus produtos e servizos en galego.
- A liña do galego
Servizo ofrecido pola Mesa pola Normalización Lingüística que atende consultas sobre dereitos lingüísticos e tramita queixas sobre a súa vulneración.
- Agasallo
Plataforma en liña deseñada para compilar, difundir e recomendar agasallos en galego.
- Ao Son da Nosa Música
Proxecto socio-educativo pensado para conectar e difundir de xeito colaborativo a actividade que se fai nas aulas dos centros escolares arredor da música en galego.
- Apego
Proxecto para fomentar a transmisión interxeracional e a socialización en galego desde a primeira infancia.
- Arquivo do Galego Oral
Banco de textos orais representativos das áreas lingüísticas do galego
- Como cho digo ;-)
Iniciativa promovida pola CTNL para reivindicar o uso do galego nos medios de comunicación.
- Día da Ciencia en Galego
Iniciativa de divulgación científica que reinvidica o dereito a gozar da ciencia en galego
- Dominio.gal
Web con información sobre o dominio.gal, deseñado para visibilizar na rede os contidos en galego e/ou dirixidos á sociedade galega.
- Enreguéifate
Proxecto deseñado para difundir a improvisación oral en verso (regueifa) e contribuír, por medio dela, á promoción do uso da lingua galega.
- Fitofaladoiro
Proxecto colaborativo de recompilación de nomes e usos populares de plantas silvestres de Galicia.
- Fóra de mapa
Podcast en galego con información sobre as minorías (tamén lingüísticas) de Europa
- Galeguizargalicia.tv
Canle de televisión en internet para a difusión das iniciativas das entidades agrupadas no colectivo Galeguizar Galicia
- Galipedia
Versión en galego da enciclopedia libre Wikipedia, creada para promover a difusión do coñecemento no noso idioma.
- Gústame o galego
Campaña promovida pola CTNL para sensibilizar a cidadanía coa normalización do idioma galego
- LGx15
Proxecto para a difusión de ideas, argumentos e experiencias de interese para o futuro do galego.
- Linguagalega.tv
Canle de Youtube creada para a divulgación e promoción da lingua galega.
- Loia, guía aberta á lingua galega
Manual de referencia en liña para achegar o idioma galego a todos os investigadores, estudantes e curiosos da Sociolingüística Galega que utilizan internet como principal vía de acceso á información.
- Mancomún
Portal que ten como obxectivos facilitar o desenvolvemento do software libre e potenciar o uso de aplicacións informáticas na nosa lingua
- Música en galego
Blog con información sobre a música en galego: grupos, vídeos musicais, axenda de concertos...
- Navega en galego
Iniciativa que promove a elección do galego como lingua favorita nos navegadores web
- Play ari[t]mar
Repositorio web, elaborado pola EOI de Santiago, que compila máis de 100 composición poéticas e musicais dos artistas que participaron nas diferentes edicións do certame aRi[t]mar.
- Polafías
Proxecto da AELG para a recuperación do patrimonio literarario, oral e musical galego.
- Portal de ditados tópicos galegos
Sitio web que reproduce as 1212 fichas de ditados tópicos (xentilicios, alcumes, refráns e cantigas referidas a algunha localidade ou aos seus poboadores/as) recollidas en Galicia para a redacción do Diccionario geográfico popular de España de Camilo José Cela
- Proxecto Neo
Programa de radio deseñado para darlles visibilidade ás persoas neofalantes de galego
- Proxecto Trasno
Proxecto de colaboración para localizar software libre ao galego
- Proxecto Youtubeir@s
Iniciativa que ten como obxectivo fomentar a creación de contidos en galego na canle Youtube, así como dar visibilidade á comunidade youtubeira que emprega o noso idioma.
- Radio Picariña
Emisora dixital de música infantil en lingua galega.
- Twitch en galego
Iniciativa que agrupa a comunidade de persoas que retransmite contido en galego na plataforma Twitch.
- Twitter en galego
Iniciativa que promove o uso do galego na rede social Twitter.
- Verbena Galega
Programación de música, baile e espectáculo co denominador común do idioma galego