DICIONARIOS, LéXICOS E OUTROS RECURSOS
- A Chave
Proxecto colectivo deseñado para prestixiar a lingua galega, fornecendo léxicos sobre fauna e flora.
- bUSCatermos
Base de datos, elaborada polo SNL da USC, que ofrece un corpus terminolóxico multilingüe de máis de 165 000 rexistros.
- Corpus de Referencia do Galego Actual
Colección de textos en formato electrónico que conta na actualidade con 25 millóns de formas que representan o uso lingüístico do galego actual
- Corpus Lingüístico da Universidade de Vigo (CLUVI)
Corpus textual de rexistros especializados de lingua galega contemporánea oral e escrita, elaborado polo Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo
- Corrector de galego Galgo
Corrector lexicográfico de galego con versións para Windows e Mac
- Dicionario castelán-galego
Dicionario en liña elaborado por Rinoceronte Editora, con máis de 27.000 entradas, abundante fraseoloxía e uns 2.500 topónimos do mundo.
- Dicionario castelán-galego (RAG)
Dicionario bilingüe en liña que contén os equivalentes na lingua galega duns 26 000 lemas en castelán con máis de 55 000 acepcións, así coma dunhas 6000 unidades pluriverbais.
- Dicionario CLUVI inglés-galego
Dicionario en liña inglés-galego elaborado polo Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo a partir dun corpus representativo de textos ingleses traducidos ao galego
- Dicionario da Real Academia Galega
Dicionario normativo no referente ao léxico do idioma galego, que contén case 60.000 artigos lexicográficos e os seus significados.
- Dicionario de dicionarios da lingua galega
Ferramenta web que compila 392.768 entradas documentadas en 32 obras lexicográficas dos séculos XIX e XX.
- Dicionario de pronuncia da lingua galega
Dicionario que ofrece un modelo de pronuncia da variedade estándar da lingua galega
- Dicionario de sinónimos do galego
Dicionario de sinónimos elaborado polo Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo.
- Dicionario electrónico Estraviz
Versión electrónica do Diciónario Estraviz, que inclúe 121.505 entradas e permite facer as buscas tanto na norma AGAL como na normativa oficial aprobada pola RAG
- Dicionario etimolóxico
Dicionario en liña, elaborado por Rinoceronte Editora, con máis de 4.000 entradas e información sobre a procedencia etimolóxica do léxico galego
- Dicionario Galego das TIC (DIGATIC)
Proxecto desenvolvido pola Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia (AETG) que, na súa versión en liña, inclúe 4 000 termos do ámbito tecnolóxico en galego
- Dicionario Galego de Construción Naval
Obra lexicográfica que define en galego arredor de 2000 voces do ámbito da construción naval e achega a tradución dos termos ao castelán, portugués e inglés
- Dicionario galego de termos médicos
Obra lexicográfica de referencia sobre o uso do galego no ámbito da medicina
- Dicionario galego-francés
Programa gratuito deseñado para Windows (versión francesa), que ofrece o portal Freelang.com. O dicionario conta con 1 931 entradas na dirección galego-francés e 1 820 entradas na dirección francés-galego
- Dicionario galego-italiano Galita
Recurso lexicográfico en liña, elaborado polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, deseñado para o estudantado, e o público galego en xeral, que desexe aproximarse ao idioma italiano.
- Dicionario galego-ruso
Obra lexicográfica con preto de 11.000 lemas deseñada como ferramenta de traballo para lingüistas, tradutores/as, docentes e alumnado que está a aprender os idiomas galego ou ruso.
- Dicionario Galnet
Dicionario plurilingüe, deseñado polo Seminario de Lingüística Informática da UVigo, con traducións e sinónimos para dez linguas, que contén 725.000 palabras, das que 70.000 son formas léxicas en galego.
- Dicionario latín-galego
Dicionario en liña elaborado por Rinoceronte Editora, con máis de 24.000 entradas, baseado na aplicación para dispositivos móbiles Latingal.
- Dicionario multilingüe Logos
Sección do portal Logos, especializado na xestión de contidos multilingües, que ofrece un dicionario galego-español-inglés
- Dicionario Visual da Construción
Dicionario visual editado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia que contén máis de 6 000 termos en galego e castelán
- Dicionario visual interactivo
Dicionario visual dirixido ao alumnado procedente do estranxeiro
- Dicionario xurídico galego
Obra que compila arredor de 2000 entradas nas que se presentan en galego conceptos esenciais do Dereito; termos e institucións propias do Dereito Civil de Galicia e información crítica sobre a lexislación vixente en España.
- Digalego
Dicionario galego en liña que ofrece máis de 65000 entradas coa súa equivalencia en portugués, castelán, inglés, francés, italiano, chinés e alemán.
- Firefox: complementos prácticos para galego
Complementos que permiten integrar no navegador Firefox diferentes recursos lingüísticos (dicionario da RAG, VOLGa, RILG…)
- Golfiño
Corrector gramatical de galego para o paquete ofimático libre OpenOffice.org nas súas versións GNU/Linux, Windows e Mac OS con licenza GPL.
- Google translate
Servizo de tradución en liña que permite traducir texto e páxinas web desde o galego para varias linguas, e viceversa
- Linguakit
Portal que ofrece diferentes ferramentas de análise lingüística.
- Manual de estilo do Diario Oficial de Galicia
Manual que ten o obxectivo de unificar as formas lingüísticas, os aspectos formais de edición e os criterios de redacción das publicacións institucionais da Xunta de Galicia.
- Neoteca - Banco de datos de neoloxismos
Ferramenta elaborada pola Universidade de Vigo baseada no corpus Neo de prensa galega
- Obradoiros terminolóxicos da UdC
Vocabularios terminolóxicos de diferentes ámbitos (construción naval, deportes, física e química, matemáticas...) editados polo SNL da UdC
- OrtoGal
Corrector ortográfico de galego en liña elaborado polo Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo
- Paquetes ofimáticos en lingua galega
Sitio web que ofrece a posibilidade de descargar de balde diferentes paquetes ofimáticos en galego.
- Portal das palabras
Espazo web, promovido pola Real Academia Galega e a Fundación Barrié, para a difusión do léxico galego.
- Refraneiro galego
Aplicación móbil para iPhone, iPod e iPad con case 10 000 refráns da lingua galega
- Repertorios terminográficos galegos
Compilación de recursos terminográficos que achega no seu web o SNL da Universidade de Santiago de Compostela
- RILG: Recursos Integrados da Lingua Galega
Proxecto que permite acceder en liña de modo conxunto a diferentes bancos de datos textuais e léxicos
- Saborea o galego!
Compilación documental destinada a reforzar a competencia lingüística e o coñecemento normativo no ámbito da Administración local
- Suplementos temáticos para correctores
Colección de dicionarios personalizados centrados nunha área de especialidade que permiten ampliar o dicionario xeral do corrector ortográfico.
- TERGAL - Banco de datos de termos galegos recomendados
Banco de termos galegos recomendados referidos a diversas linguas de especialidade e, de maneira especial, referidos aos dominios científicos e técnicos.
- Tesouro do léxico patrimonial galego e portugués
Base de datos léxica, promovida polo Instituto da Lingua Galega, que achega información sobre léxico dialectal do galego, portugués de Portugal e portugués do Brasil.
- Tesouro Informatizado da Lingua Galega
Corpus do galego moderno, elaborado polo Instituto da Lingua Galega, composto por máis de 11 millóns de rexistros e arredor de 90 000 lemas
- Traducíndote
Tradutor de documentos word e OpenOffice Writer (ODT), deseñado no IES Chan do Monte a partir da tecnoloxía creada no proxecto Opentrand
- Tradutor automático Apertium
Plataforma libre e de código aberto para a tradución automática
- Tradutor automático Gaio
Ferramenta que permite a tradución directa e inversa de textos e de webs en galego, castelán, portugués, inglés, francés e catalán.
- Tradutor automático Opentrad
Plataforma de tradución automática de código aberto que permite a tradución en liña entre diferentes pares de idiomas.
- Tradutor do Consorcio Interuniversitario de Galicia
Tradutor corporativo das tres universidades galegas.
- Tradutor Nós
Sistema de tradución automática de propósito xeral baseado en redes neuronais artificiais, elaborado no marco do Proxecto Nós.
- Un idioma preciso
Sección do web do SNL da USC onde se analizan diferentes conceptos usados na linguaxe da comunicación técnica e científica
- Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega
Vocabulario ortográfico elaborado polo Instituto da Lingua Galega e pola Real Academia Galega, que constitúe o punto de referencia para a grafía correcta do galego e a base para o establecemento do léxico estándar
- Vocabularios e léxicos da USC
Vocabularios, léxicos e glosarios elaborados e publicados polo Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago