ALBA DE GLORIA

de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

Unha das mellores pezas retóricas en lingua galega


 

UNHA RECREACIÓN DO DISCURSO "ALBA DE GLORIA", DE ALFONSO DANIEL RODRÍGUEZ CASTELAO

O 25 de xullo de 1948 Castelao pronunciou o discurso Alba de Gloria no Teatro Arxentino, como colofón das Xornadas Galegas que organizara o Centro Galego de Bos Aires, causando un forte impacto na audiencia.

“A alocución de don Alfonso R. Castelao, pola beleza da forma e pola fondura dos conceptos, cativou os asistentes a este gran acto que enchían toda a sala e que premiaron a disertación do Sr. Castelao con aplausos que o interromperon algúns instantes e que se fixeron máis extraordinarios ao finalizar o orador a súa Alba da Groria”.

Galicia, Revista del Centro Gallego, nº 427. Agosto de 1948.

Esta recreación do discurso foi producida para a exposición "Alba de Gloria. Unha experiencia", inaugurada na igrexa de San Domingos de Bonaval (Santiago de Compostela) o 7 de novembro de 2018. Nela, tentamos reproducir o ambiente da primeira lectura de Alba de Gloria e a emoción das súas palabras. Póñanse cómodos e gocen dunha das mellores pezas de oratoria en lingua galega.

Voz: Alfonso Agra
Edición de son: Pablo Barreiro
Estudos de gravación: SDI Media
Músicas: Alborada galega. Pascual Veiga. Real Filharmonía de Galicia. Himno galego. Eduardo Pondal e Pascual Veiga. Arranxos de Maximino Zumalave. Real Filharmonía de Galicia. O Invasor. Abraham Cupeiro. Exultet coeli curia (Canto plano) Códice Calixtino. O bosque máxico. Abraham Cupeiro. Tocata de corna. Abraham Cupeiro.

 



 

DESCARGA O DISCURSO

Descarga de balde durante un tempo limitado, ata o 24 de agosto, a edición do discurso Alba de gloria editada polo Consello da Cultura Galega e a editorial Galaxia co gallo da exposición. Conta cun prólogo de Henrique Monteagudo.

Descarga o libro


Warning: mysql_free_result(): supplied argument is not a valid MySQL result resource in /var/www/html/consello/html/www/especiais/alba-de-gloria/index.php on line 150

Warning: mysql_free_result(): supplied argument is not a valid MySQL result resource in /var/www/html/consello/html/www/especiais/alba-de-gloria/index.php on line 152

Warning: mysql_free_result(): supplied argument is not a valid MySQL result resource in /var/www/html/consello/html/www/especiais/alba-de-gloria/index.php on line 154

Warning: mysql_free_result(): supplied argument is not a valid MySQL result resource in /var/www/html/consello/html/www/especiais/alba-de-gloria/index.php on line 156

Warning: mysql_free_result(): supplied argument is not a valid MySQL result resource in /var/www/html/consello/html/www/especiais/alba-de-gloria/index.php on line 158