Puro Gaos

Non é frecuente atopar composicións interpretadas polos seus propios autores. E iso é precisamente o que se pode escoitar no avance do disco "Obras para violín e piano" do Consello da Cultura Galega. Nel, o coñecido compositor Andrés Gaos (A Coruña, 1874-Mar del Plata, 1959) interpreta as súas pezas "Muiñeira" e "Alalá". Esta gravación histórica ponse á disposición da cidadanía para amosar a un Andrés Gaos en estado puro, interpretándose a si mesmo.

Andrés Gaos

Andrés Gaos: Gravacións históricas. Obras para piano e violín e piano

Andres Gaos
2020

O presente disco está integrado por gravacións históricas do compositor, violinista, director e docente galego Andrés Gaos Berea (A Coruña, 1874 - Mar del Plata, 1959). As fontes destes rexistros son varios discos e bobinas que, xunto con outros importantes materiais, foron doados polo seu fillo menor á Universidade de Santiago de Compostela en maio do 2017. O Consello da Cultura Galega e o grupo de investigación Organistrum da USC editan este CD no que se inclúen 14 números con obra de Andrés Gaos: a de piano interpretada polo propio autor e a de violín (a excepción da Sonata op. 37) polo seu alumno Víctor Hormaechea.

Ver álbum
Consello da Cultura Galega

Puro Gaos


Muiñeira da Suite Hispánicas Andrés Gaos: Interpretación e composición


Alalá. Andrés Gaos: Interpretación e composición

Alejo Amoedo

Alejo Amoedo, pianista e profesor do Conservatorio Superior de Vigo, dá as claves da singularidade e valor engadido deste disco que permite escoitar a Andrés Gaos interpretar as súas pezas.

Andrés Gaos no Álbum de Galicia
Edita: Consello da Cultura Galega
Colaboran:
Afundación, Amigos da Ópera de Santiago, Concello da Coruña,
Concello de Santiago, Corporación de Radio e Televisión de Galicia,
Deputación da Coruña, Organistrum Grupo de Investigación,
Ministerio de Economía e Competitividade, Real Filharmonía de Galicia,
Orquestra Sinfónica de Galicia, Universidade de Santiago de Compostela, Xunta de Galicia
Gravacións orixinais inéditas:
Fondo Andrés Gaos, Biblioteca América-Universidade de Santiago de Compostela
Restauración dixital e masterización: Isaac D. Raimundo (INET-Universidade Nova de Lisboa)
Dirixe: Montserrat Capelán
Produce: aCentral Folque