
Ensayo histórico sobre la cultura gallega
Ramón Otero Pedrayo2020
O Ensayo historico sobre la cultura gallega representou, á altura da súa primeira edición en 1930, unha novidade no panorama historiográfico galego e, desde logo, un punto culminante na traxectoria intelectual de Ramón Otero Pedrayo, ao consagrar o seu autor, alén de anovador xeógrafo e audaz romancista, como un verdadeiro intérprete da historia de Galicia e unha figura de referencia no sistema cultural galego. O obxecto do Ensayo histórico é estudar a cultura galega como un todo orgánico e harmonioso, no que importan pouco as manifestacións específicas desa cultura (textos, artes, autores…) así como as razóns profundas que fixeron posible a existencia da cultura galega. A paixón que anima a prosa do ensaio de Otero deriva dunha vontade de explicar a esencia da patria para que esta poida ser redimida non por un individuo, senón polo pobo no seu conxunto, un “pobo en camiño”.
Descargar o libroO Ensayo histórico sobre la cultura gallega a debate
Xosé Manuel Núñez Seixas e Ramón Villares dialogan sobre o significado e o impacto do libro no seu tempo e o seu legado posterior. Modera María Xosé Agra.


Unha iniciativa para difundir o pensamento da xeración Nós
Iniciamos con este libro de Ramón Otero Pedrayo este novo formato para difundir o pensamento e a idea de Galicia creado pola xeración Nós a través de citas pensadas para as redes sociais.
Accede a #citaNós