#citaNós

#citaNós


O pensamento dos intelectuais da Xeración Nós, recollido en pequenas tarxetas que podes compartir nas redes sociais. Toda unha idea de Galicia en 240 caracteres.
  • Antón Losada Diéguez

    Filósofo, escritor e político galego, loitador incansable na defensa e unión do galeguismo.

  • Ramón Otero Pedrayo

    Patriarca das letras galegas, pertenceu á Xeración Nós. Traballou distintos xéneros: ensaio, novela, poesía... ademais de estudos científicos xeográficos na súa cátedra da Universidade de Santiago de Compostela. Militante do Partido Galeguista, foi deputado nas Cortes da II República.

  • Vicente Risco

    Unha das figuras máis destacadas da Xeración Nós, considerado un dos teóricos do nacionalismo galego

    Vicente Risco 1884-1963

1. Cita de Vicente Risco

Ti dis: Galicia é ben pequena. Eu dígoche: Galicia é un mundo. Poderala andar en pouco tempo de norte a sur, de leste a oeste noutro tanto. Non a has dar andado. Do grandor do teu espíritu depende todo; canto máis pequeno sexa máis terra precisará.
De Leria (1961). Editorial Galaxia (2020)

2. Cita de Vicente Risco

Dixo Carlyle que a grandeza dos pobos se mide polo culto que renden aos seus grandes homes. Entón, o pobo máis grande do mundo é o pobo galego: centenarios, veladas, banquetes, lápidas, estatuas, bustos, hainas aquí para grandes e pequenos...
De Leria (1961). Editorial Galaxia (2020)

3. Cita de Vicente Risco

O pasado é noso, é cousa xa realizada, xa feita, ninguén nolo pode quitar. O futuro, en troques, pódenos fuxir das mans. Non podemos saír do presente máis que pola lembranza ou pola esperanza, que veñen ser os dous elementos da saudade.
De Leria (1961). Editorial Galaxia (2020)

4. Cita de Vicente Risco

Esa lei que lle temos á nosa Terra é a emoción do sedentarismo. Hai en nós como unha tendencia a nos confundir coa Terra.
De Leria (1961). Editorial Galaxia (2020)

5. Cita de Vicente Risco

A nosa misión é crear en Galicia a vontade nacional. Un culto activo das tradicións, que nós habemos sacar da súa inmobilidade de museo e traer ao presente. Cómpre dar terra aos mortos de onte, e desfaixar e galvanizar as momias de tempos máis antigos.
De Teoría do nacionalismo galego (1920). Editorial Galaxia (2020)

6. Cita de Vicente Risco

Se Galicia ten deberes que cumprir para con España, tamén ten deberes para coa humanidade. Galicia ten o deber de contribuír á civilización universal coas nosas creacións inéditas. Iso imponnos a obriga de sermos cada vez máis galegos.
De Teoría do nacionalismo galego (1920). Editorial Galaxia (2020)

7. Cita de Vicente Risco

Poucos galegos se conforman con non volver. Lonxe da terra, seguen xunguidos a ela; é coma se foran soamente nómades de corpo.

8. Cita de Vicente Risco

Como no noso sangue sentiamos a voz de Galicia que non quería deixar de ser Galicia, un valente desexo fíxonos saír das casas onde pousabamos entre volumes cheos de ideas novas para traballar na reconstitución espiritual, social e económica de Galicia.
De Teoría do nacionalismo galego (1920). Editorial Galaxia (2020)

9. Cita de Vicente Risco

Unha nación pode ser tal –unha entidade histórica e até potencia económica- sen autonomía ningunha, sempre que o sentimento nacional sexa forte de abondo. En troques, a autonomía máis integral, a mesma independencia, non abonda para facer unha nación.
De Teoría do nacionalismo galego (1920). Editorial Galaxia (2020)

10. Cita de Vicente Risco

"Non queremos para o nacionalismo galego unha ideoloxía traída de fóra, senón feita por nós mesmos, sacada das arelas do pobo. O noso nacionalismo, para ser algo, ten que ser un galeguismo, e non un euskarismo ou un catalanismo traducido á nosa fala".
De Teoría do nacionalismo galego (1920). Editorial Galaxia (2020)

11. Cita de Antón Losada Diéguez

"Que Galicia sexa forte, rica e libre, de nós depende. Non nacemos para escravos, anque a vella política española de abondo na nosa terra como escravos nos tratara. Arriba os corazóns, ollando o porvir e ceibes os nosos brazos farán unha Galicia nova!"
"Os problemas do idioma e da cultura no rexionalismo galego". Conferencia dita en Santiago o 28 de xullo de 1918. En O esquecido mentor de Nós. Antonio Losada Diéguez. Galaxia, 2020.

12. Cita de Antón Losada Diéguez

"Todo fala no mundo cando hai ouvidos para ouvir: falan os homes e falan as cousas, e entre todas as cousas que no mundo falan ningunha como a terra onde nacemos e que nos deu o leite para vivir e o sangue para sentir"
"Os problemas do idioma e da cultura no rexionalismo galego". Conferencia dita en Santiago o 28 de xullo de 1918. En O esquecido mentor de Nós. Antonio Losada Diéguez. Galaxia, 2020.

13. Cita de Antón Losada Diéguez

"As linguas non se poden matar, nin se poden crear como se nos antolle aos homes. As linguas pódense facer medrar, pódeselles enxertar novos alentos de vida, mais morrer só de seu poden morrer"
"Os problemas do idioma e da cultura no rexionalismo galego". Conferencia dita en Santiago o 28 de xullo de 1918. En O esquecido mentor de Nós. Antonio Losada Diéguez. Galaxia, 2020.

14. Cita de Antón Losada Diéguez

"Non somos nós os que falamos, senón unha aspiración, unha cobiza de vivir, a que se afirma en nós, e somos a proba de que hai unha nova Galicia que quere ser galega".
"Os problemas do idioma e da cultura no rexionalismo galego". Conferencia dita en Santiago o 28 de xullo de 1918. En O esquecido mentor de Nós. Antonio Losada Diéguez. Galaxia, 2020.

15. Cita de Antón Losada Diéguez

"Que tristeira sorte a desta nosa lingua na que un rei cantou á Virxe e na que hoxe o pobo nin rezar pode, botada das igrexas e das escolas, lingua que escollen os ricos para se rir, e na que só os pobres e os poetas choran e falan de amores e esperanzas!"
"Os problemas do idioma e da cultura no rexionalismo galego". Conferencia dita en Santiago o 28 de xullo de 1918. En O esquecido mentor de Nós. Antonio Losada Diéguez. Galaxia, 2020.

16. Cita de Antón Losada Diéguez

"Aí tedes ben separadas pola lingua dúas Galicias: a Galicia das cidades e a Galicia do campo ou mellor, e aínda máis de chorar, a Galicia dos labregos, do pobo, e a Galicia dos señoritos. Unha é a Galicia humilde, forte e sincera. A outra é a da vergonza"
"Os problemas do idioma e da cultura no rexionalismo galego". Conferencia dita en Santiago o 28 de xullo de 1918. En O esquecido mentor de Nós. Antonio Losada Diéguez. Galaxia, 2020.

17. Cita de Antón Losada Diéguez

"Para Galicia o problema hoxe é de vida ou morte. As nosas aptitudes e enerxías dormen. Asistimos á completa expropiación de Galicia e desde o momento en que hai galegos que se dan conta do feito e non queren consentir, o problema preséntase vivo e rexo."
"Os problemas do idioma e da cultura no rexionalismo galego". Conferencia dita en Santiago o 28 de xullo de 1918. En O esquecido mentor de Nós. Antonio Losada Diéguez. Galaxia, 2020.

18. Cita de Antón Losada Diéguez

"Facer traducións ao galego de cousas que o merezan coido que é tamén abranguer riquezas e domear a fala axeitándoa á diversidade dos pensamentos e das cuestións máis alleas"
De Verbo da prosa galega, en Nós, 73 (1930)

19. Cita de Antón Losada Diéguez

"Namentres os aires da nosa terra nos traian o falar dos homes que sementan o pan e recollen o sangue da terra, as lembranzas das nais teñan o queixume do falar galego e as vontades sintan o forte desexo dun máis alá, necesitamos unha renacenza galega"
De Verbo da prosa galega, en Nós, 73 (1930)

20. Cita de Antón Losada Diéguez

"Anovar a lingua galega será consecuencia dunha necesidade se esta necesidade ten a súa nacenza nun degaro de verdade, de ben e de beleza"
De Verbo da prosa galega, en Nós, 73 (1930)

21. Cita de Ramón Otero Pedrayo

"Sempre a silueta dun barco cruza ao fondo dos momentos máis importantes da historia –da secreta e da aparente- de Galicia". Otero Pedrayo en #citaNós.
Do Ensayo histórico sobre la cultura gallega (1930)

22. Cita de Ramón Otero Pedrayo

"Galicia non era só o barullo estéril da galopada feudal nin o preito dunha torre con outra torre. Eran o concello e o porto: chegaron incólumes á España grande e foi o centralismo o que apagou a súa gloriosa existencia lanzada a un futuro mellor". Otero Pedrayo en #citaNós.
Do Ensayo histórico sobre la cultura gallega (1930)

23. Cita de Ramón Otero Pedrayo

"A Historia do mundo concreta a súa enerxía creadora nalgunhas cidades selectas e, se no mapa da conciencia moderna Roma é a forza, París a escola, Florencia a gracia e Londres a orde, Santiago é a fe". Otero Pedrayo en #citaNós.
Do Ensayo histórico sobre la cultura gallega (1930)

24. Cita de Ramón Otero Pedrayo

"Ocorreu coa arte románica algo semellante que coa prehistoria galega. Da mesma maneira foron desatendidos ou desprezados o dolmen celta como a curva expresiva e escultórica do século de Xelmírez". Otero Pedrayo en #citaNós.
Do Ensayo histórico sobre la cultura gallega (1930)

25. Cita de Ramón Otero Pedrayo

"Quen non coñeza máis que as cidades, non coñecerá Galicia. É preciso sentir este tecido de pequenas células vitais, de clans ou parroquias. Ten a envoltura humana unha espesura, unha continuidade semellante á do bosque". Otero Pedrayo en #citaNós.
Do Ensayo histórico sobre la cultura gallega (1930)

26. Cita de Ramón Otero Pedrayo

"Paseando polos campos galegos, destácanse os perfís dominadores dos castros. O campesiño sente por eles un vago respecto e tamén un certo orgullo. Un castelo, un pazo, poden aparecer dislocados no horizonte, mais o castro non é nunca unha ruína". Otero Pedrayo en #citaNós.
Do Ensayo histórico sobre la cultura gallega (1930)

27. Cita de Ramón Otero Pedrayo

"O solo galego xorde antigo, insular e característico. É un poderoso macizo de rocas ígneas creadas polo lume astral. Lume sólido en pedra, envolto en vento, chuvia, ondas e sol occidental". Otero Pedrayo en #citaNós.
Do Ensayo histórico sobre la cultura gallega (1930)

28. Cita de Ramón Otero Pedrayo

"Os poetas abrazaron a tristura da aldea galega, amaron as artes do esquecido pobo e, por unha marabillosa arroutada de intuición descubriron a esencia de Galicia e colocaron a súa patria no verdadeiro horizonte". Otero Pedrayo en #citaNós.
Do Ensayo histórico sobre la cultura gallega (1930)

29. Cita de Ramón Otero Pedrayo

"Non hai cousas vellas nin novas, hai soamente cousas vivas e mortas, e non as determina a idade senón o sopro interior que as anima". Otero Pedrayo en #citaNós.
Do Ensayo histórico sobre la cultura gallega (1930)

30. Cita de Ramón Otero Pedrayo

"Poida que neste momento nalgún recanto de Galicia estea morrendo un vello que leva consigo un caudal de palabras sonoras que xa ninguén fará coñecer. Poida que noutro naza, a estas horas, o home ou a idea que transformará en novo sentido a historia". Otero Pedrayo en #citaNós.
Do Ensayo histórico sobre la cultura gallega (1930)