O principio do mundo en Julio Camba

O xornalista Julio Camba (1884-1962) foi un dos mellores escritores de prensa da literatura hispana. Co gallo do seu cabodano presentamos “O principio do mundo en Julio Camba”, un documental dirixido e guionizado por Aser Álvarez que afonda na etapa inicial, unha das menos coñecidas e máis bohemias do xornalista. Para os que queiran afondar na súa figura, incorporamos a súa entrada no Álbum de Galicia.

Ver vídeo
Farsa das zocas

JULIO CAMBA

Vilanova de Arousa, 1884 - Madrid, 1962

Autoria: Benito Leiro
Presumiu de ser o único galego ao que lle saíu de balde a viaxe de ida e volta ás Américas, a onde chegou como polisón e foi expulsado polo seu espírito rebelde e revolucionario. A biografía de Julio Camba está anegada de viaxes, aventuras e moitas letras. Descúbrea no Álbum de Galicia.

Ver biobibliografía

DOCUMENTAL

O principio do mundo de Julio Camba
Documental. 2021. Consello da Cultura Galega

Este documental céntrase na etapa inicial, a menos coñecida de Julio Camba, que arrinca en Vilanova e remata en Madrid, a onde chega logo de vivir en Arxentina. Para trazar os inicios cóntase coa participación dos historiadores Ramón Villares e Xosé Manoel Núñez Seixas; de dous dos biógrafos de Julio Camba, Pedro López e Benito Leiro; da escritora Rosa Aneiros, ademais de varios veciños que o coñeceron na súa vila natal.

Produce: Consello da Cultura Galega
Dirección, guión e producción executiva:Aser Álvarez González
Edición, montaxe e grafismo: Aldán Delgado Fernández
Gravación de imaxe e son:
Lucía Estévez, Lara María Lima, Álberto De la Torre, Aser Álvarez, Carlos D. Álvarez, Olivia A. Vázquez.
Música orixinal: Nadia Sniba