Manuel Quiroga

Unha das grandes figuras mundiais do violín de principios do século XX

Trunfou no Carnegie Hall, conquistou México, Arxentina, Uruguai, Cuba, tocou para as grandes casas reais europeas... o pontevedrés Manuel Quiroga (1892-1961) foi un dos violinistas máis destacados do seu tempo. Chegaron a dicir del que reunía o virtuosismo de Kubelik, a paixón de Kresiler, a dignidade clásica de Ysaye e a elegancia de Thibaud. Aínda que Quiroga morreu o 19 de abril de 1961, a súa desaparición tivo lugar moito antes, o 8 de xullo de 1937 cando un accidente de tráfico lle destrozou un brazo no momento máis doce da súa carreira.

Neste especial ofrecemos a súa biografía, un estudo que dimensiona a súa figura xunto con diferentes audios dun concerto homenaxe celebrado con motivo do cincuenta aniversario do seu pasamento máis unha gravación que se conserva do propio Quiroga.

Manuel Quiroga Losada,
O gran violinista galego do século XX

Carlos Cambeiro
2011

Manuel Quiroga Losada (1892-1961), unha das figuras fundamentais do violinismo do primeiro terzo do século XX, verá truncada a súa carreira internacional por mor dun accidente ocorrido o oito de xuño de 1937 en Nova York. Artista polifacético, sobresairá, así mesmo, nos campos da composición e das artes plásticas.

Este estudo ten como obxecto contribuír á recuperación e recoñecemento do grande artista, especialmente a súa faceta de compositor, devolvéndoo ao lugar que, por dereito propio, lle corresponde dentro do panorama da música. Con este prop&oeacute;sito, esta obra compendia e contextualiza a súa biografía, analiza os aspectos musicolóxicos e cataloga a obra do músico e compositor, o que permite acceder con facilidade ás fontes manuscritas e editadas, así como aos seus incipits musicais.

Pdf Ficha
Album de Galica. Manuel Quiroga

Álbum de Galicia.Manuel Quiroga.

Unha das grandes figuras mundiais do violín de principios do século XX.
Pontevedra, 1892 - Pontevedra, 1961
Autoria: Sergio Sieiro

Manuel Quiroga. No seu 50 cabodano

Concerto.Manuel Quiroga. No seu 50 cabodano

Ramón Villares presidiu o ciclo homenaxe que, en conmemoración do cincuenta aniversario do pasamento do músico Manuel Quiroga, tivo lugar os días 8 e 9 de novembro de 2011 no Consello da Cultura Galega.

.

A pegada de París
Pedro Rodríguez, violín; Miguel Ángel Gómez González-Vallés, piano


Manuel Quiroga: Composicións propias e dedicadas a súa figura
Josŕ Manuel Álvarez Losada, violín); Andreu Riera Gomila, piano.

Consello da Cultura Galega

Manuel Quiroga: La Ronde des Lutins, op. 25 (Antonio Bazzini).


Manuel Quiroga & Marta Leman: De violino e piano. Ouvirmos. Lugo: 2006. Agradecementos: Ouvirmos.