Manuel Quiroga Losada (1892-1961), unha das figuras fundamentais do violinismo do primeiro terzo do século XX, verá truncada a súa carreira internacional por mor dun accidente ocorrido o oito de xuño de 1937 en nova York. Artista polifacértico, sobresairá, así mesmo, nos campos da composición e da artes plásticas.

Este estudo ten como obxecto contribuir á recuperación e recoñecemento do gran artista, especialmente a súa faceta de compositor, devolvéndoo ao lugar que, por dereito propio, lle corresponde dentro do panorama da música. Con ese propósito, esta obra compendia e contextualiza a súa biografía, analiza os aspectos musicolóxicos e cataloga a obra do músico e compositor, o que permite acceder con facilidade ás fontes manuscritas e editadas, así como aos seus incipits musicais.

Titulo Manuel Quiroga Losada
Subtítulo O gran violinista galego do século XX
Autoría Carlos Cambeiro
Epílogo Enrique Jiménez
Música. Composición Manuel Quiroga
Obxecto de estudo Manuel Quiroga
Presentación Ramón Villares
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2011
Edición 1ª edición
Entidade Consello da Cultura Galega
Descrición física 328 p.: fot.; 24 cm.
ISBN. Ed. papel 978-84-92923-30-4
Depósito Legal. Ed. papel PO 692-2011
CCG. Signatura. Ed. papel CCG 2011 398
CCG. Código de barras Absysnet 1.6. Ed. papel 11202747
Colección Autores & textos
Materias
Código QR