Xela & Gianni

Xela & Gianni

Os Contos ao teléfono de Gianni Rodari son boa mostra da actividade de Xela Arias como tradutora de literatura infantil e xuvenil. O libro foi publicado pola editorial Juventud en 1986.

Neste especial, a tradución de Xela e Valentín Arias cobra vida a través da voz de Charo Pita, ofrecendo doce contos que son tamén un convite a soñar coa fantasía de Rodari.

Do orixinal de Gianni Rodari: Favole al telefono © The Estate of Gianni Rodari.
Publicado consonte a Axencia Literaria Piergiorgio Nicolazzini (PNLA).
Ilustración: Bea Gregores

Contos para escoitar

A narradora oral Charo Pita pon voz aos contos de Gianni Rodari, preservando a tradución orixinal de Xela e Valentín Arias.

Música e edición sonora: Jorge Juncal

Sobre a narradora


Charo Pita


Nacín a idade de seis anos cando rematei de ler o meu primeiro libro. Comecei a narrar historias no ano 1994. Dentro da fabulación, unha das miñas facetas máis persoais é a de mesturar contos e música. Gañei algúns premios literarios e levo publicados máis dunha ducia de libros para a cativada: Andar aos biosbardos, Oxalá estiveses aquí,Velliñas, Quen pode vencer o vento, A rúa da Tixola… A miña última aventura foi gravar un disco infantil con poemas musicados titulado No país do vento.




Xela e Gianni


Foto de Xela Arias: Xulio Gil.