AS MULLERES DO PORVIR


As mulleres do porvir, de Dorotea Bárcena

Presentamos unha fermosa lectura dramatizada do texto "As mulleres do porvir", co que o CCG quere homenaxear á pensadora Concepción Arenal, pero tamén á actriz, directora e dramaturga Dorotea Bárcena. Este foi o seu derradeiro texto dramático, publicado en 2003. O audiovisual está producido para o Consello da Cultura Galega por A Quinta do Cuadrante e dirixido por Tito Asorey..


Mulleres que falan a través do tempo:
Concepción Arenal e Dorotea Bárcena

Unha morreu en 1893 e outra en 2016. Tiñan visións do mundo, profesións, tempos ben distintos. Pero Concepción Arenal e Dorotea Bárcena falaron entre través da súa obra. Explora no Álbum de Galicia dúas traxectorias unidas por un nexo común: reclamar a dignidade das mulleres.

Concepción Arenal no Álbum de Galicia / Dorotea Bárcena no Álbum de Galicia


O mundo do porvir: catro debates sobre Concepción Arenal

En 2020 o Consello da Cultura Galega organizou o ciclo "O mundo do porvir" para realizar un percorrido retrospectivo pola biografía e obra desta intelectual a través dos lugares do país que máis a marcaron. Ferrol, A Coruña, Vigo e Santiago de Compostela foron as cidades escollidas para lembrar a súa biografía, e o seu legado con diferentes especialistas. Nesta lista de reprodución podes acceder a todas as mesas.

Explora o ciclo


LIBRO

A MULLER DO PORVIR

O Consello da Cultura Galega presenta esta nova edición de A muller do porvir, de dona Concepción Arenal Ponte, con ocasión da conmemoración do segundo centenario do seu nacemento (Ferrol, 31 de xaneiro de 1820). Trátase non só dunha obra de alto valor intrínseco e importancia histórica incuestionable, senón que segue plenamente vixente, contribuíndo a desmontar ese discurso contraditorio, nas leis e nos costumes, que privou e priva as mulleres de viviren en plenitude, desenvolvendo as súas capacidades, aspiracións e responsabilidades en condicións de igualdade coa outra metade da humanidade. .

Descarga a publicación

 


LIBRO

ESCOLMA DE ESCRITOS. CONCEPCIÓN ARENAL

Unha selección de textos que resumen o pensamento social da autora.

Consultar publicación